sábado, 20 de abril de 2019

Vigilia Pascual



Vixilia Pascual na Noite Santa


 Segundo a tradición antiga, esta é unha noite de vela en honor do Señor, e a Vixilia que ten lugar na mesma, conmemorando a Noite Santa en que o Señor resucitó, ten que considerarse como "a nai de tódalas Santas Vixilias” (San Agustín). 

Durante a vixilia, a Igrexa espera a resurrección do Señor e celébraa cos sacramentos da iniciación cristiá. Os fieis, tal como recomenda o Evanxeo (Lc 12: 35-48) deben parecerse aos servos coas lámpadas acesas nas súas mans a espera do seu Señor, de xeito que, cando chegue, atópeos vixiantes e poida convidalos a sentarse na súa mesa. 




Esta vixilia é figura da verdadeira Pascua de Cristo, da noite da verdadeira liberación, na que "destruíndo os lazos da morte, Cristo ascende victorioso do abismo". 


É costume levar auga bendita, bendecida na Vixilia Pascual, para as nosas casas ou para os nosos lugares de traballo e diversión.

Galería de Fotos:


























No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.