miércoles, 17 de abril de 2019

Semana Santa: Mércores Santo



Misa Crismal


Hoxe, Mércores Santo, ten lugar na Catedral a celebración da misa crismal. Será ás 19.00 horas. A Misa Crismal, que o bispo celebra co seu presbiterio, e dentro da cal consagra o Santo Crisma e bendice os óleos dos catecúmenos e dos enfermos, é unha manifestación da comuñón dos presbíteros co seu bispo. 


Os doce arciprestados da diocese de Ourense estarán representados polos sacerdotes, polos relixiosos e polos seglares de cada un de eles e que logo van a participar nesta celebración. Dous momentos importantes da Misa Crismal son, por un lado, o diálogo entre o Bispo e os sacerdotes e o compromiso destes de obediencia e dedicación plena á misión evanxelizadora e, por outro lado, a consagración e a bendición dos santos óleos, que nos lembra a todos que somos un pobo de reises, un pobo sacerdotal, unha asemblea santa, o pobo de Deus; e, por iso, somos invitados a bendicir o Señor. Co Crisma consagrada polo bispo únxenses aos recén bautizado, os confirmados son sellados e únxense as mans dos sacerdotes, a cabeza dos bispos e as igrexas e altares na súa dedicación. Co óleo dos catecúmenos prepáranse os que serán bautizados e fortalécense para que eles poidan ser capaces de vivir os compromisos que polo sacramento van contraer. Co óleo dos enfermos aténdense a todos aqueles que sofren de enfermidade física ou mental ou pollo peso dos anos, para sanalos e alivialos na súa dor e para que estean mellor preparados para acadar a saúde da vida que nunca máis acaba: vida eterna. 

Antes da concelebración eucarística os sacerdotes reuniranse na igrexa de Santa Eufemia para un retiro espiritual como preparación para a Misa Crismal e para a celebración da Semana Santa. Será ás 17.00 horas. Concentraranse a o redor de cen sacerdotes chegados de cada un dos doce arciprestados e de cada una das delegacións episcopalais e das didistintas institucions relixiosas. Os arciprestes levarán os santos óleos bedecidos e consagrados neste día para cada un dos seus arciprestados.





Galería de Fotos:





Añadir leyenda





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.