Vixilia Pascual na
Noite Santa
Segundo a tradición antiga, esta é
unha noite de vela en honor do Señor, e a Vixilia que ten lugar na mesma,
conmemorando a Noite Santa en que o Señor resucitó, ten que considerarse como
"a nai de tódalas Santas Vixilias” (San Agustín).
Durante a vixilia, a
Igrexa espera a resurrección do Señor e celébraa cos sacramentos da iniciación
cristiá. Os fieis, tal como recomenda o Evanxeo (Lc 12: 35-48) deben parecerse
aos servos coas lámpadas acesas nas súas mans a espera do seu Señor, de xeito
que, cando chegue, atópeos vixiantes e poida convidalos a sentarse na súa mesa.
Esta vixilia é figura da verdadeira Pascua de Cristo, da noite da verdadeira
liberación, na que "destruíndo os lazos da morte, Cristo ascende
victorioso do abismo".
É costume levar auga bendita, bendecida na Vixilia Pascual, para as nosas
casas ou para os nosos lugares de traballo e diversión.
Galería de Fotos:
Galería de Fotos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.