Festividade de san Roque
O Concello renova o Voto a San Roque
16 - VIII - 2024
San Roque Patrón da Policía Local
SAN ROQUE E A ATENCIÓN AOS APESATADOS E AOS ENFERMOS:
Despois da experiencia vivida da Covid 19, hoxe todo o
mundo sabe o que é unha peste universal e dase conta das mortes que provoca,
malia os avances científicos da medicina e a xenerosa entrega das persoas ao
coidado dos afectados.
San Roque, de camiño cara Roma como peregrino, é
sorprendido pola Peste Negra. Máis da metade da humanidade dezmouse pola peste Negra.
Roque sabe ler os signos dos tempos e comprende cal é a
vontade do Señor: non é que chegue a
Roma, senón que coide dos apestados e que se entregue en corpo e alma ao seu
coidado. El así o fixo. E o Señor felicitouno e deulle a ben vida. “Vinde,
benditos do meu Pai, recibide a herdanza do reino preparado para vós dende a
creación do mundo. Por que tiven fame e déstesme de comer, tiven sede e
déstesme de beber, fun forasteiro e acolléstesme, estiven espido e vestístesme,
enfermo e visitástesme, na cadea e viñéstesme ver”. “Cando o fixestes con un
destes irmáns máis pequenos, fixéstelo comigo” (Mt. 25 31– 40).
Ben queridos
irmáns aprendamos do seu exemplo e sexamos xenerosos a hora de atender e coidar
aos nosos enfermos. Roque Santo e Peregrino deféndonos de pestes e males .
GALERÍAS DE FOTOS: