viernes, 19 de abril de 2019

Viernes Santo




Venres Santo na Paixón do Señor

Neste día, no que "foi sacrificada a nosa Vítima Pascual, Cristo (1 Cor 5, 7), o que por longo tempo se nos prometera en misteriosa prefiguración, cumpriuse con plena eficacia. O verdadeiro Cordeiro substitúe á ovella que o anunciaba, e, así, co único sacrificio acábase a multiplicidade das vítimas antigas” (San León Magno). 


Cristo morreu fóra dos muros da cidade cando foron sacrificados no templo os años para a pascua xudía. É o Cordeiro expiatorio que carga co peso dos nosos pecados. A igrexa brota do seu costado aberto pola lanza do soldado, para a salvación de todo o mundo, por quen se pide de xeito especial na oración dos fieis. O signo propio de este día é a imaxe do Crucificado, que a liturxia venera de un dun xeito especial. 


Nos oficios litúrxicos do Venres Santo destacan a lectura da paixón e morte de Cristo na Cruz, a pregaria universal por tódalas necesidades do mundo e  a veneración da Santa Cruz,  Hoxe non se celebra a Eucaristía e día de xaxún e abstinencia. Na Catedral celébranse os oficios do Venres Santo son ás 17.00 horas. No Sábado Santo a Igrexa permanece ao lado do sepulcro do Señor, meditando a súa paixón e morte, a súa baixada aos infernos, e abstense  absolutamente da celebración do sacrificio da misa, deixando espidos os altares ata que, despois da solemne vixilia da Resurrección, se inauguren os gozos da Pascua, que se estenderán por cincuetna días.




A procesión do Santo enterro dará comezo ás 21.00 horas, saíndo da Catedral pola rúa Lepanto, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, rúa do paseo, Lamas Carvajal, plaza Maior, onde se enontrarán tódolos pasos da procesión, celebrando un pequeno acto de sentida contemplación, silencio reflexivo , seguidos do canto da Salve a Nai Dolorosa. 

Galería de fotos:


















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.