Venres Santo na
Paixón do Señor
Neste día, no que "foi sacrificada a nosa Vítima
Pascual, Cristo (1 Cor 5, 7), o que por longo tempo se nos prometera en
misteriosa prefiguración, cumpriuse con plena eficacia. O verdadeiro Cordeiro
substitúe á ovella que o anunciaba, e, así, co único sacrificio acábase a
multiplicidade das vítimas antigas” (San León Magno).
Cristo morreu fóra dos muros da cidade cando foron
sacrificados no templo os años para a pascua xudía. É o Cordeiro expiatorio que
carga co peso dos nosos pecados. A igrexa brota do seu costado aberto pola
lanza do soldado, para a salvación de todo o mundo, por quen se pide de xeito
especial na oración dos fieis. O signo propio de este día é a imaxe do
Crucificado, que a liturxia venera de un dun xeito especial.
Nos oficios litúrxicos do Venres Santo destacan a lectura
da paixón e morte de Cristo na Cruz, a pregaria universal por tódalas
necesidades do mundo e a veneración da
Santa Cruz, Hoxe non se celebra a
Eucaristía e día de xaxún e abstinencia. Na Catedral celébranse os oficios do
Venres Santo son ás 17.00 horas. No Sábado Santo a Igrexa
permanece ao lado do sepulcro do Señor, meditando a súa paixón e morte, a súa
baixada aos infernos, e abstense
absolutamente da celebración do sacrificio da misa, deixando espidos os
altares ata que, despois da solemne vixilia da Resurrección, se inauguren os
gozos da Pascua, que se estenderán por cincuetna días.
A procesión do Santo enterro dará comezo ás 21.00 horas, saíndo da Catedral
pola rúa Lepanto, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, rúa do paseo, Lamas
Carvajal, plaza Maior, onde se enontrarán tódolos pasos da procesión,
celebrando un pequeno acto de sentida contemplación, silencio reflexivo ,
seguidos do canto da Salve a Nai Dolorosa.
Galería de fotos:
Galería de fotos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.