sábado, 3 de marzo de 2018

Exercicios Coresmais na S. I. Catedral


Exercicios Coresmais




Dentro do que hoxe podíamos chamar nova evanxelización, A Igrexa segue a practicar os exercicios coresmais como método catequético para mellor vivir a coresma, repasando os compromisos adquiridos nos  sacramentos da iniciación cristián e revisando as armas da ascética cristián para tempo de coresma: oración, xaxún e esmola. 

Chámanselle tamén a estes exercicios coresmais, preceptos, xa que axudaban a cumprir co precepto da Santa Nai Igrexa de confesalos pecados mortais, unha vez ao ano, en perigo de morte ou si se vai a comulgar.

A Vicaria de Pastoral para a cidade de Ourense, e dentro de nunha pastoral de conxunto, propón para todas as parroquias uns esquemas comúns de escoita da Palabra, de reflexión, de catequese e de oración. Cada parroquia, dentro da súa circunscricións, organiza os tempos e os lugares para practicar os exercicios coresmais.

A S. I. Catedral de Ourense únese, como non pode ser de outra maneira, a dita programación e celebrará os exercicios coresmais na terceira semana de coresma, os día  5, 6, 7 e 8  do mes de marzo, ás 20.00 horas na capela do Santo Cristo. 

Dirixirá as charlas coresmais o M. I. Sr. D. Luís Javier González Seguín, cóengo  da Catedral. 

E como nestes casos a meta é sempre a celebración do sacramento da penitencia, aproveitamos que na igrexa dos PP. Franciscanos se celebran as 24 horas para o Señor, o día 9 de marzo, venres, dende as doce horas da mañá, para, ademais de adorar ao Santísimo Sacramento, aproveitar para a confesión dos nosos pecados, porque  “de ti procede o perdón, Señor” (Sal.130).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.