Día do Seminario
Hoxe, día 18 de marzo, domingo, a Igrexa diocesana celebra o Día do
Seminario. Sabemos da escaseza dos sacerdotes para que responsabilicen das
parroquias que quedan vacantes. Sabemos que, hoxe por hoxe, a vocación a vida
sacerdotal non é ben vista pola sociedade nin por moitas das familias. Tamén
sabemos que a vida que levan os sacerdotes non crea ilusión nin provoca
admiración entre os mozos e mozas dos tempos que corren. Por veces ata temos
ocorrencias como a de que os sacerdotes ten que casarse ou a de que ás mulleres
ten que ter acceso a ordenación sacerdotal como pasa na Igrexa anglicana ou en
moitas das Igrexas protestantes.
Eu, por veces, póñome a imaxinar como terían que ser os curas de hoxe para
que fosen ben acollidos, respectados e queridos polas comunidades parroquiais e
pola sociedade en xeral. O sacerdote tería que ser unha persoa alegre e
contenta de si mesmo, unha persoa desprendida e xenerosa, atenta aos máis
débiles (aos nenos, aos mozos e mozas, ás familias desestruturadas, ás persoas
maiores e aos enfermos...). Tamén lles pediría aos futuros sacerdotes
capacidade intelectual e humana para poder dialogar con persoas de distintas
maneiras de pensar, con táboas para non romper as relacións e con capacidade
para propoñer lugares de encontro e metas de traballo. Sacerdotes novos para
unha Igrexa, “hospital de campaña”, para unha “Igrexa en saída” ao estilo do
Papa Francisco.
Hoxe pola tarde, no Seminario Maior, ordénanse dous diáconos no seu camiño
ata o sacerdocio. Un deles, natural da Limia, pasou por tódolos cursos do
Seminario Menor e Maior. Chámase José Antonio. Pasar polos dous seminarios é
garantía máis que suficiente de estar preparado para a misión sacerdotal que
lles agarda. O outro compañeiro chámase Jesús Nsue, é guineano, estudou na universidade de Comillas en Madrid e leva uns
anos aclimatándose á diocese de Ourense. Penso que estamos falando xa de candidatos ao sacerdocio a
altura dos tempos que corren.
O lema do Día do Seminario é “apóstolos para mozos e mozas”, que reflexa
ben as claras o que acabamos de dicir. Recemos para que haxa vocacións as a vida
sacerdotal e sexamos xenerosos con esta institución da Igrexa, imprescindible,
máis que nunca, para o anuncio do Evanxeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.