Dentro do que hoxe podíamos chamar nova evanxelización, A Igrexa segue a
practicar os exercicios coresmais como método catequético para mellor vivir a
coresma, repasando os compromisos adquiridos nos sacramentos da iniciación cristián e
revisando as armas da ascética cristián para tempo de coresma: oración, xaxún e
esmola.
Chámanselle tamén a estes exercicios coresmais, preceptos, xa que
axudaban a cumprir co precepto da Santa Nai Igrexa de confesalos pecados
mortais, unha vez ao ano, en perigo de morte ou si se vai a comulgar.
A Vicaria de Pastoral para a cidade de Ourense, e dentro de nunha pastoral
de conxunto, propón para todas as parroquias uns esquemas comúns de escoita da
Palabra, de reflexión, de catequese e de oración. Cada parroquia, dentro da súa
circunscricións, organiza os tempos e os lugares para practicar os exercicios
coresmais.
A S. I. Catedral de Ourense únese, como non pode ser de outra maneira, a
dita programación e celebrará os exercicios coresmais na terceira semana de
coresma, os día 5, 6, 7 e 8 do mes de marzo, ás 20.00 horas na capela do
Santo Cristo.
Dirixirá as charlas coresmais o M. I. Sr. D. Luís Javier González
Seguín, cóengo da Catedral.
E como
nestes casos a meta é sempre a celebración do sacramento da penitencia,
aproveitamos que na igrexa dos PP. Franciscanos se celebran as 24 horas para o
Señor, o día 9 de marzo, venres,
dende as doce horas da mañá, para, ademais de adorar ao Santísimo Sacramento,
aproveitar para a confesión dos nosos pecados, porque “de ti procede o perdón, Señor” (Sal.130).
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.