viernes, 18 de noviembre de 2016

Concierto San Martiño 2016 (17 - XI - 2016)


Señoras e Señores: Boa noite a todos Vostedes.


Un ano máis a S.I. Catedral de Ourense abre  as súas portas para acollelos a todos Vostedes, amantes da música sacra e, neste caso, namorados da música de órgano. Está connosco o prestixioso concertista Giulio Mercati, que, con unha basta carreira musical, é director  e creador de afamados festivais internacionais e, actualmente, é profesor de Música Sacra na Facultade de Teoloxía de Lugano.


Giulio Mercati y Lidia Basterretxea



Temos unha novidade que ofrecerlles no concerto de San Martiño 2016. Está connosco Lidia Basterretxea, actualmente directora do coro de Voces Brancas do Teatro Sociale di Como  e colaboradora no proxecto “Opera Domani”  para a difusión da ópera na escola italiana; Lidia é unha recoñecida soprano, que hoxe, con Giulio Mercati, interpretará para todos vostedes pezas de música sacra dos séculos dezaoito e dezanove.




O noso máis cordial agradecemento ós Amigos da Catedral por brindarnos este magnífico concerto. Un saúdo moi cordial a os participantes no congreso internacional de “San Martín de Tours y su proyección en la Galaecia de época sueva”, patrocinado pola Excma. Deputación Provincial, pola Universidade de Vigo e polo Bispado de Ourense. 


 


E, como sempre, agradecémoslle o seu saber estar a tenor do espazo sagrado que estamos utilizando; rogámoslle que apaguen os seus móbiles ou celulares para non distraernos na audición; e que San Martiño, o noso Santo Patrón, do que estamos celebrando o 1700 aniversario do seu nacemento, interceda por todos nós para que sexamos un pouquiño mellores no curso que estamos comezando. Moitas grazas e un feliz concerto. 

Marité, en nombre de los Amigos de la Catedral, entrega un ramo de flores a la soprano

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.