RITO PARA A ADMISIÓN DE
CANDIDATOS Á ORDE SACERDOTAL.
SEMINARIO “REDEMPTORIS MATER”
S. I.
CATEDRAL DE SAN MARTIÑO
24 –
IV - 2021
“Estes irmáns nosos que hoxe se presentan ante a Igrexa,Francisco Martín García Amboage, de 23 anos, natural de Vigo e Francesco Salvatori, de 27 anos, natural de Roma, piden ser admitidos entre os candidatos á Orde sagrada, quedarán encomendados tanto a min coma a todos vós.
Cristo mandou: «Rogádelle ó dono da seara que mande xornaleiros á súa seitura.» Por isto, eles, conscientes da solicitude do Señor polo seu pobo e tendo en costa a
necesidade que ten a Igrexa de ministros, están dispostos a responder
con xenerosidade á chamada do Señor, dicindo
co profeta: «Aquí estou, mándame.» Confiados no Señor, esperan ser fieis
á súa vocación. Certamente, a través dos diversos acontecementos da vida foron presentindo e descubrindo a voz de Deus que
os chamaba, e como homes prudentes
viron nestes acontecementos o sinal da
vontade de Deus.
É Deus mesmo quen move e axuda coa súa gracia a aqueles que chama a participar no sacerdocio xerárquico de
Cristo; pero encoméndalles ós Bispos que, unha vez comprobada a idoneidade dos candidatos, os chamemos e os consagremos ó servicio de Deus e da Igrexa,
sinalándoos para tal misión co selo
peculiar do Espírito Santo. Desta maneira, quedan destinados, por medio
da Orde sagrada, para perpetuala misión salvadora que Cristo veu realizar ao
mundo....
Agora, pois, empuxados polo amor a Cristo e sentíndose fortalecidos
pola acción íntima do Espírito Santo, decidiron manifestar publicamente o seu desexo de consagrarse ao servicio de Deus e dos homes. De hoxe en diante, pois,
debedes cultivar con máis intensidade a vosa vocación, especialmente
aproveitando aqueles medios cos que pode prestarvos auxilio e axuda a comunidade eclesial
delegada para este fin. Todos nós, pola sosa
parte, confiando no Señor, axudarémosvos coa caridade e a oración”.
Oración:
Escoita, Señor, a
nosa oración e, pola túa bondade, dígnate + bendicir estes teus fillos que
desexan consagrarse ó culto divino e ó servicio do teu pobo, no ministerio
sagrado. Fai que perseveren na súa vocación, que, unidos con amor verdadeiro a
Cristo sacerdote, cheguen a ser aptos para
recibiren con dignidade o ministerio apostólico. Por Cristo, noso Señor.
Amén.
GALERÍA DE FOTOS:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.