viernes, 2 de abril de 2021

Semana Santa

 

Venres Santo na Paixón do Señor


Santo Viacrucis en la Catedral

El Viacrucis es el ejercicio de piedad más valorado para venerar la Pasión del Señor, participando con su afecto en el último tramo del camino recorrido por Jesús durante su vida terrena: el Monte de los Olivos, el Monte Calvario, el jardín donde fue sepultado en un sepulcro nuevo.

El Vía Crucis es la síntesis de varias devociones surgidas desde la alta Edad Media la peregrinación a Tierra Santa para visitar devotamente los lugares de la Pasión del Señor; la devoción a las "caídas de Cristo" bajo el peso de la Cruz; la devoción a los "caminos dolorosos de Cristo", la devoción a las "estaciones de Cristo", esto es, a los momentos en los que Jesús se detiene durante su camino al Calvario. En su forma actual, que está ya atestiguada en la primera mitad del siglo XVII,

En el ejercicio de piedad del Vía Crucis se acentúan varios rasgos de la espiritualidad cristiana: la comprensión de la vida como camino o peregrinación; la vida como paso, a través del misterio de la Cruz, del exilio terreno a la patria celeste; el deseo de conformarse profundamente con la Pasión de Cristo; las exigencias de la sequela Christi, llevando cada día la propia cruz (cfr. Lc 9,23)Pero, para realizar con fruto el Vía Crucis, debemos tener presentes lo que sigue:  “el Vía Crucis es un ejercicio de piedad que se refiere a la Pasión de Cristo; sin embargo es oportuno que concluya de manera que los fieles se abran a la expectativa, llena de fe y de esperanza, de la Resurrección

Galería de fotos:













Venres Santo na Paixón do Señor



Hoxe pola tarde, as 17.00 horas, terán lugar na Catedral os oficios litúrxicos do Venres Santo. Neste día non hai misa e dáse a comuñón ca eucaristía reservada do Xoves Santo. Cristo crucificado é hoxe o centro da liturxia, coa reflexión e a contemplación do misterio redentor do Noso Señor Xesucristo: “mirade a árbore da cruz na que estivo cravada a salvación do mundo. Vinde e adorémola”. O silencio e o altar sen manteis indícanos a desolación que reina no ambiente pola morte do Señor. As partes principais da celebración son o canto ou lectura da paixón do Señor, a oración universal por tódalas necesidades do mundo e a adoración da Santa Cruz.






A proclamación da palabra de Deus culmina co canto ou a lectura da paixón do Señor segundo san Xoán, na que Xesús déixanos en herdanza  a súa nai, como nai nosa e de toda a humanidade: “fillo, aí tes a túa nai”, referíndose a Virxe María, a nova Eva, a Nai da nova humanidade redimida por Xesucristo. A oración universal que se fai por todos e por tódalas necesidades do mundo, sen exclusivismo algún. Vanse indicando as intencións, gárdase un momento de silencio e pídeselle ao Señor que escoite a nosa oración. A adoración da santa Cruz, sinal de triunfo, de doazón plena, de amor total. Unha paixón voluntariamente aceptada, que nos salva, perdoando tódolos nosos pecados. Mentres adoramos a santa Cruz podemos dicir: “Pola túa paixón e pola túa cruz, bendito Cristo de Ourense, ampáranos na vida e máis na morte”. Neste día faise colecta polos Santos Lugares. En moitos deles os cristiáns foron perseguidos e masacrados, como puidemos comprobar na viaxe do Papa a Ur de Caldea na actual Irak. 

 Galería de Fotos:































jueves, 1 de abril de 2021

Semana Santa

 Xoves Santo na Cea do Señor



Hoxe pola tarde, a partir das 17.00 horas, terá lugar na Catedral a misa “da Cea do Señor”. Destacan tres partes fundamentais: a institución da Eucaristía, o mandamento novo do Señor e o lavatorio dos pés, recordando o que Xesús fixera na última cea cos seus discípulos.

A institución da Eucaristía e máis do sacerdocio, que hoxe conmemoramos, tivo lugar na última cea, que o Señor celebrou cos seus discípulos no Cenáculo en Xerusalén. Sabendo que lle quedaba pouco para estar con eles, o Señor tomou pan, bendiciuno e, dando gracias, déullelo aos seus discípulos dicindo: “tomade e comede todos del, pois isto é o mue corpo que se vai entregar por vós”. E de xeito semellante fíxoo co cáliz: “tomade e bebede todos del, pois este é o cáliz do meu sangue, que se derrama por vós e por moitos para o perdón dos pecado”. E engadiu de seguido: “facede isto en memoria de min”.

O mandamento do amor ven a ser coma a última disposición testamentaria do Señor para os seus discípulos: “douvos un mandamento novo, que vos amedes uns aos outros como eu vos teño amado; nisto coñecerán que sodes os meus discípulos: si vos amades uns aos outros”. E todo no ambiente de unidade: “Pai, que todos sexan un para que o mundo crea”. O lavatorio dos pes, que neste ano vaise suprimir por mor da covid 19, é un xesto que ven a resumir a esencia da ensinanza de Xesús aos seus discípulos. Colleu unha toalla, cinguiuna a súa cintura, axeonllouse e púxose a lavárllelos pés.  E recomendoulles: “o que eu fago con vós, facédeo uns cos outros”, referíndose ao que Xesús ensinara: “o que queira ser o primeiro, fágase o último de todos”, “pois o Fillo de Deus non veu a ser servido, se non a servir e a dar a vida por todos”.

Neste día non podemos esquecer que a colecta de Cáritas é fundamental e que ven a reforzar canto levamos dito, pois as necesidades dos máis pobres e sen teito son moitas e veñen agravadas pola pandemia que estamos a sufrir. As colas de xente pasando polas parroquias a recoller víveres danos razón da importancia que ten o compromiso dos cristiáns ca solidariedade con quen máis o precisa.


Galería de fotos: