Señoras e Señores: Boa noite a todos Vostedes.
Un ano máis a S.I. Catedral de
Ourense abre as súas portas para
acollelos a todos Vostedes, amantes da música sacra e, neste caso, namorados da
música de órgano. Está connosco o prestixioso concertista Giulio Mercati, que,
con unha basta carreira musical, é director
e creador de afamados festivais internacionais e, actualmente, é
profesor de Música Sacra na Facultade de Teoloxía de Lugano.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhxwZ-fpIByrHz6S1hIbgPXfQJFPyQTQpfDtu8jEaWUqluyuNKYqPu04AQLlIFYRVDTVUCVq6c_jTum1ragjW_Ry7dlZ_CVlRpAfFi4bcqFK0_-xwa_rG3PX6ZLqGOOAmDIA6RdHKY73jA/s200/DSC_0009.JPG) |
Giulio Mercati y Lidia Basterretxea |
Temos unha novidade que
ofrecerlles no concerto de San Martiño 2016. Está connosco Lidia Basterretxea, actualmente
directora do coro de Voces Brancas do Teatro Sociale di Como e colaboradora no proxecto “Opera
Domani” para a difusión da ópera na escola
italiana; Lidia é unha recoñecida soprano, que hoxe, con Giulio Mercati,
interpretará para todos vostedes pezas de música sacra dos séculos dezaoito e
dezanove.
O noso máis cordial agradecemento
ós Amigos da Catedral por brindarnos este magnífico concerto. Un saúdo moi
cordial a os participantes no congreso internacional de “San Martín de Tours y
su proyección en la Galaecia de época sueva”, patrocinado pola Excma. Deputación
Provincial, pola Universidade de Vigo e polo Bispado de Ourense.
E, como sempre, agradecémoslle o
seu saber estar a tenor do espazo sagrado que estamos utilizando; rogámoslle
que apaguen os seus móbiles ou celulares para non distraernos na audición; e
que San Martiño, o noso Santo Patrón, do que estamos celebrando o 1700
aniversario do seu nacemento, interceda por todos nós para que sexamos un
pouquiño mellores no curso que estamos comezando. Moitas grazas e un feliz
concerto.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgVrI256f8bK8ELysaQRY0TEwQ7w-2l_qfNQ6JZveLzIXgZ5hysdZj-6pvxv_vskrSb6_G9i5LrJ1HadLzevgV-BwT8DMP_og2hxLFpLMsojBlYMY_fkwZJE-l4Lk7xNTxVww67wza_hSE/s320/DSC_0040.JPG) |
Marité, en nombre de los Amigos de la Catedral, entrega un ramo de flores a la soprano |