ROMARÍA DA NOSA SEÑORA DO VISO
24 - 5 - 2026
LOBEIRA
Nosa Señora que vives no Viso,
aquí chegamos os teus fillos romeiros,
para pedirche que ti nos ensines,
os bos camiños que levan ao ceo.
Reunímonos hoxe na romaría da nosa Señora, neste cumio privilexiado do
monte do Viso// , miradoiro aberto á fermosa Baixa Limia, // para celebrar a
nosa fe e poñer a nosa vida baixo o amparo da Virxe María//. Desde aquí
contemplamos as nosas aldeas, os nosos montes, os nosos camiños, as nosas herdades,
os nosos traballos, as nosas fontes e os nosos fogares//; pero tamén a historia da fe que durante séculos foi
medrando nesta comarca tan querida de Lobeira, de Bande, de Muiños, de Lobios e
de Entrimo... //
Nesta celebración faise presente a figura da Virxe María na súa advocación de O Viso//. O Evanxeo recórdanos a Visitación: María sobe ás montañas de Xudá para visitar á súa curmá Santa Isabel//. Non queda pechada en si mesma, despois do anuncio do arcanxo san Gabriel//; ela ponse en camiño, leva alegría, leva servizo, leva a presenza de Deus. Deste xeito María convértese na primeira discípula misioneira//.
Este monte do Viso é un lugar de encontro con Deus e coa nosa historia//. Por estas terras pasou, hai moitos séculos, a antiga Vía XVIII romana, que unía Braga con Astorga. Por eses camiños chegaron tamén os primeiros anunciadores do Evanxeo//. A fe cristiá entrou nestas terras moi cedo, acompañando aos viaxeiros, aos pobos e ás comunidades que foron descubrindo a luz de Cristo//. E desde entón, xeración tras xeración, esta fe foi transmitida nas familias, nas parroquias, nas festas e en romarías coma esta//.
Quero imitar o voo dos paxaros,
que cantan ao redor da túa casa,
non deixar de mirar a túa ermida
anque só sexa dende a distancia.
Agarrar as chavellas do teu carro,
beber na túa fonte a fresca auga
e deixar unha rosa no teu altar
co xesto de unha persoa namorada.



















No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.