Sábado Santo
Sábado de Gloria
“A túa cruz adoramos,
Señor, e a túa santa resurrección alabamos e glorificamos. Polo madeiro veu a
salvación a o mundo enteiro”
O sábado santo pola mañá, a beira do sepulcro do Señor, é tempo de
reflexión, de silencio, de oración, de contemplación e de firme esperanza. Non
acaba todo coa morte do Señor. A o lado da Mai Dolorosa e a os pés do Santo
Cristo de Ourense sentímonos agarimados. ¡Canto nos quere Deus, como nos coida
con tenrura e como nos ama ata o extremo de darnos a o seu Fillo, morto na
cruz, para a salvación de todos! O Santo
Cristo asume a dor dos enfermos todos, a dor dos seus familiares e amigos, a
dor de todos aqueles que ten perdido a un ser querido neste días de desolación
humana.
“Esta é a noite na que rotas as cadeas da morte, Cristo
ascende vitorioso do abismo”
Pero chega a celebración principal da Semana Santa, a Vixilia Pascual, e
nai de tódalas vixilias. Céntrase na
luz, que é Cristo, luz do mundo, que disipa tódalas tebras, escuridades e
mentiras. O canto celestial da Anxélica resume o gozo da Igrexa no encontro con
Señor resucitado:. “Esta noite santa espanta os pecados, lava as culpas, devolve a
inocencia a os caídos, a alegría a os tristes”. ¡Que Deus nos libre da escuridade na que nos
ten metidos o coronavirus!
"Luz de Cristo. Demos gracias A dios”
Lembramos a da Historia da Salvación, que culmina no Novo Testamento con
Cristo Glorioso e co canto do Pascual. A liturxia bautismal, axúdanos a renovar
as promesas do noso bautismo para vivir como criaturas novas. A celebración
remata coa Eucaristía e con xestos de alegría en tódalas familias que seguen a
celebración por la TVG. ¡Feliz Pascua de Resurrección para todos!
Fotos Celebración:
Fotos Celebración:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.