Venres Santo
“Non
choredes por min, chorade polos vosos fillos...”.
“Pai, perdóalles, porque non saben o que fan”.
“Hoxe estarás con migo no paraíso”
Hoxe é venres santo. O Viacrucis escríbese cos
sufrimentos do noso pobo, incorporados a Cristo que carga coa cruz de todos.
Cada unha das estacións do Calvario describe a situación das mulleres e dos
homes que soportan a contaminación do covid-19.
A lectura da paixón do Señor ten este ano unha resonancia especial: en Cristo
lemos a nosa vida, cada quen cargado coa súa cruz e arrimados ao Señor para que
nos sexa máis soportable. As palabras do Señor son tenrura e misericordia en
todo o recorrido do Viacrucis. “Non choredes por min, chorade polos vosos
fillos...”. “Pai, perdóalles, porque non saben o que fan”. “Hoxe estarás con migo
no paraíso”. “Todo está cumprido”. Seguir ao Señor é seguir a historia da
humanidade de hoxe.
Hoxe rezamos polas necesidades do mundo enteiro. Neste ano especialmente
polos afectados polo coronavirus, polos traballadores do mundo da saúde, por
todos aqueles que prestan servicios excepcionais en favor dos doentes e tamén
nos acordamos dos fieis defuntos. ¡Que o Señor nos libre deste mal!
Adoramos a Cruz Redentora do Señor.
É o acto principal nesta xornada. Farémolo dende o noso corazón con unha
inclinación profunda. “Mirade a árbore da Cruz, onde estivo cravada a salvación
do mundo. !Vinde todos a adorala!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.