Visitas Guiadas

sábado, 11 de abril de 2020

Sábado Santo


Sábado Santo

Sábado de Gloria


“A túa cruz adoramos, Señor, e a túa santa resurrección alabamos e glorificamos. Polo madeiro veu a salvación a o mundo enteiro”

O sábado santo pola mañá, a beira do sepulcro do Señor, é tempo de reflexión, de silencio, de oración, de contemplación e de firme esperanza. Non acaba todo coa morte do Señor. A o lado da Mai Dolorosa e a os pés do Santo Cristo de Ourense sentímonos agarimados. ¡Canto nos quere Deus, como nos coida con tenrura e como nos ama ata o extremo de darnos a o seu Fillo, morto na cruz, para a salvación de  todos! O Santo Cristo asume a dor dos enfermos todos, a dor dos seus familiares e amigos, a dor de todos aqueles que ten perdido a un ser querido neste días de desolación humana.


Esta é a  noite na que rotas as cadeas da morte, Cristo ascende vitorioso do abismo

Pero chega a celebración principal da Semana Santa, a Vixilia Pascual, e nai de tódalas vixilias.  Céntrase na luz, que é Cristo, luz do mundo, que disipa tódalas tebras, escuridades e mentiras. O canto celestial da Anxélica resume o gozo da Igrexa no encontro con Señor resucitado:.  Esta noite santa espanta os pecados, lava as culpas, devolve a inocencia a os caídos, a alegría a os tristes”.  ¡Que Deus nos libre da escuridade na que nos ten metidos o coronavirus!



"Luz de Cristo. Demos gracias A dios”

Lembramos a da Historia da Salvación, que culmina no Novo Testamento con Cristo Glorioso e co canto do Pascual. A liturxia bautismal, axúdanos a renovar as promesas do noso bautismo para vivir como criaturas novas. A celebración remata coa Eucaristía e con xestos de alegría en tódalas familias que seguen a celebración por la TVG. ¡Feliz Pascua de Resurrección para todos!

Fotos Celebración:




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.