Concerto da Coral de Ruada
na S. I. Catedral de San Martiño
Día 28 de decembro,
A CORAL ten, como vostedes ben saben, un
vencello especial coa nosa cultura, coa nosa lingua e coa nosa xente, como o
testemuñan diversos e importantes recoñecementos colectados ao longo destes
case cen anos de existencia (Medalla de Galicia, Medalla Castelao, Medallas de Ouro da Cidade e da Provincia de Ourense, Premio Trasalba, por poner soamente
cinco exemplos). É por iso que lles ofreceremos nestes concertos de Nadal e
Reís, ademais dunha fermosa selección de cantos de Nadal e Reís da polifonía
universal (Gruber, Hándel, Olaizola), vilancicos e panxoliñas populares e de
autores -poetas e músicos- que tiveron, e mesmo teñen aínda algúns deles,
estreitos vínculos con Ourense e, dun xeito especial, con DE RUADA: Antonio
Jaunsarás Sanmiguel, José Fernández Vide, Manuel Feijóo Sousa, Juan José Rumbao
Requejo, Camilo Andrade Rodicio, Xosé Ramón Estévez Gómez, Serafín Marqués Gil,
... e, por suposto, o noso actual director Xoán Antón Vázquez Casas.
Cando estamos a comezar as celebracíóns do
noso Centenario, queremos facerlles chegar a todos vostedes o noso máis sincero
agradecemento pola súa fidelidade e pola agarimosa acollida que nos dispensan
sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.