Visitas Guiadas

viernes, 28 de diciembre de 2018

Concerto de Nadal



Concerto da Coral de Ruada 
na S. I. Catedral de San Martiño

Día 28 de decembro, 
festividade dos Santos Inocentes Mártires




A CORAL ten, como vostedes ben saben, un vencello especial coa nosa cultura, coa nosa lingua e coa nosa xente, como o testemuñan diversos e importantes recoñecementos colectados ao longo destes case cen anos de existencia (Medalla de Galicia, Medalla Castelao, Medallas de Ouro da Cidade e da Provincia de Ourense, Premio Trasalba, por poner soamente cinco exemplos). É por iso que lles ofreceremos nestes concertos de Nadal e Reís, ademais dunha fermosa selección de cantos de Nadal e Reís da polifonía universal (Gruber, Hándel, Olaizola), vilancicos e panxoliñas populares e de autores -poetas e músicos- que tiveron, e mesmo teñen aínda algúns deles, estreitos vínculos con Ourense e, dun xeito especial, con DE RUADA: Antonio Jaunsarás Sanmiguel, José Fernández Vide, Manuel Feijóo Sousa, Juan José Rumbao Requejo, Camilo Andrade Rodicio, Xosé Ramón Estévez Gómez, Serafín Marqués Gil, ... e, por suposto, o noso actual director Xoán Antón Vázquez Casas.



Cando estamos a comezar as celebracíóns do noso Centenario, queremos facerlles chegar a todos vostedes o noso máis sincero agradecemento pola súa fidelidade e pola agarimosa acollida que nos dispensan sempre.





























No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.