FESTA DE
SAN MARTÍN DE TOURS
CLAUSURA DEL 1700 ANIVERSARIO DE SU NACIMIENTO
San Martiño naceu no século IV, ao redor do 317.
Como Vostedes saben, é o patrón da diocese de Ourense e tamén o patrón da S. I.
Catedral. Alá polo século VI, San Martiño de Dumio, oriúndo da Hungría
como o noso Santo de Tours, tivo a
corazoada de pedirlle ao rei visigodo, Carriarico, que mandase emisarios a
Tours de Francia para traer a Ourense unha reliquia do Santo e, así, curar ao
seu fillo enfermo. O rei fíxolle unha
ofrenda moi valiosa ao Santo de Tours, pero non obtivo ren. Logo caeu na conta
de que o que o Santo quería era a súa
conversión e maila conversión de tódolos seus súbditos a verdadeira relixión.
Así o fixeron o rei e con el todo o pobo. Como consecuencia o fillo do rei
Carriarico recuperou a saúde.
Sacristanes Catedral |
Sacristanes Catedral |
Dende aquela Ourense celebra tódolos anos a San
Martiño de Tours o día once de novembro. Ademais da procesión e misa solemne na
catedral, ademais das festas en cada unha das moitas parroquias que en Galicia ten por patrón a San Martiño,
outros moitos pobos e institucións diversas únense ao festexo pois son moitos
os que están baixo o seu padroado. No ano pasado, con presencia de cardeais, de
arcebispos, bispos, sacerdotes e
moitísimos fieis, tivemos unha moi
solemne eucaristía celebrando o 1700 aniversario do nacemento de San Martiño de
Tours, que neste domingo estamos a pechar. Tamén estivemos de peregrinación en
Tours de Francia confraternizando con aquela comunidade cristiá. A Coral de
Ruada ambientou a festa como so ela sabe facer. E deixamos unha inscrición pegada
na cripta, testemuña do noso paso por Tours. Agora só nos agarda peregrinar a
Hungría para coñecer o pobo e maila casa onde naceu Martiño que, segundo
tradición, consérvase; e nos xa estamos en contacto con Sr. Bispo de aquela
diocese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.