Deica ao próximo aniversario 2117.
"Mil anos na túa presenza son un onte que pasou, unha velada nocturna (.s.89)
MISA TELEVISADA POLA TVG: 12 - XI - 2017
San Martiño naceu no século IV, ao redor do 317. Como
Vostedes saben, é o patrón da diocese de Ourense e tamén o patrón da S. I.
Catedral. Alá polo século VI, San Martiño de Dumio, oriúndo da Hungría
como o noso Santo de Tours, tivo a
corazoada de pedirlle ao rei visigodo, Carriarico, que mandase emisarios a
Tours de Francia para traer a Ourense unha reliquia do Santo e, así, curar ao
seu fillo enfermo. O rei fíxolle unha
ofrenda moi valiosa ao Santo de Tours, pero non obtivo ren. Logo caeu na conta
de que o que o Santo quería era a súa
conversión e maila conversión de tódolos seus súbditos a verdadeira relixión.
Así o fixeron o rei e con el todo o pobo. Como consecuencia o fillo do rei
Carriarico recuperou a saúde.
Dende aquela Ourense celebra
tódolos anos a San Martiño de Tours o día once de novembro. Ademais da
procesión e misa solemne na catedral, ademais das festas en cada unha das
moitas parroquias que en Galicia ten por
patrón a San Martiño, outros moitos pobos e institució s diversas únense ao
festexo pois son moitos os que están baixo o seu padroado. No ano pasado, con
presencia de cardeais, de arcebispos, bispos, sacerdotes e moitísimos fieis, tivemos unha moi solemne eucaristía
celebrando o 1700 aniversario do nacemento de San Martiño de Tours, que neste
domingo estamos a pechar. Tamén estivemos de peregrinación en Tours de Francia
confraternizando con aquela comunidade cristiá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.