SOLEMNIDADE DOS APÓSTOLOS PEDRO
E PAULO
Tú es Pedro, e dareiche as chaves do reino dos ceos.
(Mt 16, 13-19)
<O Papa, dende san Pedro ata mín, o seu indigno sucesor, é un humilde servo de Deus e dos irmáns, e nada máis que isto>.
No Evanxeo (Mt.16,13-19), Xesús pregunta aos
discípulos: «E vós, quen dicides que son eu?». Pedro responde: «Ti es o Mesías,
o Fillo de Deus vivo». E Xesús confíalle unha gran misión: «Ti es Pedro, e
sobre esta pedra edificarei a miña Igrexa».
Esta misión continúa hoxe na Igrexa a través dos
sucesores de Pedro, os Papas, e pode resumirse en tres tarefas fundamentais:
anunciar o Evanxeo, celebrar os sacramentos e dar testemuño de amor e caridade.
Primeiro, anunciar o Evanxeo. Todos estamos
chamados a anunciar a Cristo, non só coas palabras, senón tamén coa nosa
maneira de vivir. Cada un de nós pode ser un reflexo do Evanxeo na familia, no
traballo e entre os veciños.
Segundo, celebrar os sacramentos. A fe non
é só unha idea, senón un encontro vivo con Cristo. Nos sacramentos o Señor
segue presente e fortalece a nosa vida. Por iso, tamén debemos recuperar o
valor do bautismo, da primeira comuñón, da confirmación e do matrimonio, para
que non queden esquecidos na vida da nosa comunidade.
E terceiro, dar testemuño de amor e caridade.
Non hai fe verdadeira sen amor ao próximo. Unha parroquia dedicada a San Pedro
será fiel ao seu patrón se é unha comunidade acolledora, próxima aos que
sofren, atenta aos necesitados e capaz de unir ás persoas onde outros levantan
divisións.



No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.