miércoles, 16 de abril de 2025

Mércores Santo

 

MÉRCORES SANTO

 MISA CRISMAL

16 – IV – 25


No mércores santo os  sacerdotes reunímonos na igrexa de Santa Eufemia en retiro espiritual para reflexionar, meditar e rezar, preparando a misa, que se celebrará na catedral e na que se consagrará o óleo do Santo Crisma e se beicerán o óleo dos catecúmenos e o óleo para a unción dos enfermos. Nesta celebración, que presidirá o Sr. Bispo, os sacerdotes renovarán as promesas sacerdotais. Neste día reafírmase o sentido universal da Igrexa como pobo de reis,  asemblea santa, pobo sacerdotal, pobo de Deus, chamada a bendicir ao Señor.  

 Por circunstancias diversas terá lugar tamén un homenaxe aos sacerdotres que cumpren as vodas de prata sacerdotais (25 anos de sacerdocio), as vodas de ouro (50 anos de sacerdocio), as vodas de pratino (sesenta anos de sacerdoico) e as bodas de diamante (70 anos de sacerdocio).

Temos dous sacerdotes de vodas de diamante: D. Manuel Carrasco Carrasco e D. Manuel Lorenzo Argibay. Temos cuatro de vodas de pratino: D. José de León González, D. Abel Estévez Blanco, D. Castor Iglesias Álvarez, D. Alfonos Iglesias Rodríguez, Temos seis de vodas de ouro: D. Francisco Gavilanes Fernández, D. Benito Fernández Ferreiro, D. Serafín Fernández Rodríguez, D. Simón Mandianes Lama,  D. Xosé Xulio Rodríguez Fernández, D. Evaristo Rúa Santos. Temos dous de vodas de prata: D. Roberto Álvarez Sánchez y D. Xosé Roberto González Garza.

Empezando polos máis vellos ata os máis novos, moitísimas felicidades para todos eles. Agradecemos a Deus, noso Señor, o testemuño de entrega pastoral que nos dan e a xenerosidade que viven en favor da Boa Nova da Salvación.

Galería de Fotos:














































No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.