jueves, 17 de octubre de 2024

Canonización de san Juan Jacobo

CALENDARIO DE CELEBRACIONES EN LA CATEDRAL BASÍLICA DE SAN MARTÍN DE TOURS PARA EL MES DE OCTUBRFE

Día 20 de octubre del 2024

Canonización en Roma de San Juan Jacobo Fernández, nuestro beato diocesano de Carballeda de Cea.

JUAN JACOBO FERNÁNDEZ,

UN SANTO DA NOSA TERRA

Os mártires de Damasco eran sete frades franciscanos españois: entre eles  Juan Jacobo Fernández, nacido en Carballeda de Cea (Ourense) el 29 de xullo de 1808 (†52 años). Tamén un franciscano austríaco e tres irmáns laicos maronitas. Os mártires de Damasco foron beatificados polo Papa Pío XI o 10-10-1926, A súa festa celébrase o día 10 de xullo. Agora, o papa Francisco, despois de case un século aprobou a súa canonización, prevista para o próximo 20 de outubro do 2024..

Os relixiosos franciscanos, fillos de san Francisco de Asís, son os custodios dos Santos Lugares. Francisco no ano en 1219 predicara o Evanxeo ao sultán de Exipto. Ó longo dos séculos, os franciscanos de Terra Santa ten sufrido masacres, acosos e expulsións, pero o seu  amor pola terra de Xesús nunca fraqueou. En xullo do 1860 afrontaron en Damasco unha sanguenta persecución por parte de musulmáns drusos.

Púxose fin a esta situación no tratado de París do ano 1856. Nese tratado recoñecíase, por primeira vez na historia, a Turquía como potencia, coa mesma personalidade xurídica que a dos estados cristiáns. Consecuentemente o sultán viuse na obriga de recoñecer a liberdade de culto para calquera comunidade relixiosa residente no seu país.

Os musulmáns interpretaron este xesto coma un insulto  ao  Corán, po lo que incitaron aos seus  correlixionarios a reaccionar contra as políticas do sultán. Dende as montañas do Líbano os musulmáns podían tramar calquera cousa contra os cristiáns, a pesares de que  o gobernador xeneral, Abd-el-Kader, residente en Beirut, prometéralles aos bispos unha defensa xusta. Para iso armou a 1.200 soldados que foran capaces de defender aos cristiáns das liortas. Pero antes de que tiveran tempo de acudirlles, produciuse unha tremenda carnicería.

Na véspera do 9 de xullo do 1860, presentíase que algo grave ía a suceder. Chegaban palabras incendiarias das mesquitas. Grupos sospeitosos de drusos e musulmáns recorrían as rúas do barrio cristián, cantando: “¡Que doce é masacrar aos cristiáns!”. Facían cruces no chan e obrigaban aos cristiáns a pisalas; colgaban cruces do pescozo dos cas e obrigaban aos cristiáns a axeonllarse e adorar aos cadelos.

Pasou o mediodía do 9 de xuño cando, de repente, unha turba enfurecida botouse ás rúas. O gobernador Abd-el-Kader apresurouse e tratou de poñer a salvo o maior número de católicos no seu pazo. Moitos salváronse. Pero o superior dos franciscanos no tivo a precaución de refuxiarse no pazo do emir, pensando que os muros sólidos do seu convento eran suficientes para salvagardarse el e os seus. Un xudeu, servidor da casa, traizoounos, abríndolles unha porta por detrás do convento aos sanguinarios musulmáns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.