Festividad de san Rosendo
Día 1 de marzo de 2023
san Rosendo nace e vive no século X
No século X
galego brilla con luz propia a figura singular de san Rosendo. Nado no 907, probablemente
como fillo segundo do conde Gutierre Menéndez e da súa dona Ilduara Eriz, que
formaban parte da máis rancia nobreza do país, emparentados cos reis de León
(Ilduara era prima de Afonso III e Gutierre foi cuñado de Ordoño II). Membro de un poderoso liñaxe, Rosendo parece dende o
seu nacemento destinado ós máis altos destinos.
Entregado á vida relixiosa,
inicia a súa fulgurante carreira como bispo de Mondoñedo, co título tradicional
de Dumio, inmediatamente despois da morte de seu mentor e mestre o bispo
Sabarico de Mondoñedo ocorrida no 925, non contando aínda ca idade mínima requirida polos canons
para a consagración episcopal.
Dotado de un profundo sentido
de responsabilidade, e probablemente dun espírito ascético que o pon en
contacto inmediato cos movementos monásticos daqueles tempos, participa nas
fundacións e dotacións de mosteiros (por caso foi tamén abade en San Salvador
de Portomarín, denantes de ser elixido bispo) ata que decide fundar un mosteiro
propio en Celanova, establecido nas terras doadas polos seu irmán Froila no 936, que dota
ricamente el mesmo, e tódolos membros da súa familia, en especial a súa nai
Ilduara no 938; pola
súa parte, outros magnates e entre eles o rei Ramiro II, como logo Ordoño III,
Sancho o Craso e Ramiro III, contribuíron cas súas doazóns variadas e xenerosas
a engrandecer o patrimonio da nova casa.
Máis alá de toda esta
acumulación de bens que procurou para asegurar a estabilidade de Celanova, coidou
Rosendo con singular atención e esmero os inicios e a marcha do recen fundado
mosteiro, que orienta por novas sendas dentro das tradicións monacais herdadas
de tempos visigóticos, ata que no ano 942 veo firmemente asentado tanto en
construccións, coma en monxes e no mesmo espírito ascético. Non podemos
esquecer que as novidades ven dictadas polos tempos, pero precisan da
seguridade do pasado para ser esperanza do futuro.
No ano 948 parece ter renunciado ás súas funcións pastorais na sé episcopal
de Mondoñedo, aínda que mantivo ata a fin dos seus días o seu título de bispo
de Dumio. En íntimo contacto cos rei de León, parece ser que foi encargado en
diversas ocasiones do goberno de extensas e diferentes rexións de Galicia;
singularmente con Ramiro III exerce a súa autoridade moral e eclesiástica na corte
rexia, coa que colabora asiduamente.
Parece ser que por pouco tempo Rosendo foi bispo administrador de Iria. En
circunstancias difíciles faise cargo da administración desta diocese de Iria,
da que se encarga por pouco máis de un ano
(965 – 966). De facer caso a algunhas lendas tería contribuído a expulsar ós
normandos de Galicia e participado nas campañas contra os musulmáns en Portugal.
Pero pronto renuncia a todos estes traballos e reclúese definitivamente en
Celanova, onde xa vivira anteriormente baixo a autoridade do abade Franquila.
Na súa morte os monxes designárono a el abade do mosteiro. No ano 977, achacoso
e enfermo, toma disposición sobre o futuro. E morre no atardecer do primeiro de
marzo de aquel mesmo ano.
A acta da canonización de san Rosendo data do 9 de
outubro do 1172, realizada polo cardeal Xacinto Bobo, legado pontificio e, máis
tarde, confirmada por el mesmo, xa convertido en Papa, Celestino III, con data 9
de outubro do 1195. É elevado ós altares nunha especie de canonización
episcopal, gozando dende ese momento dun culto devoto e popular
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.