Visitas Guiadas

miércoles, 1 de marzo de 2023

San Rosendo

 Festividad de san Rosendo

Día 1 de marzo de 2023

san Rosendo nace e vive no século X 

 ·       Rosendo, de nobre berce:

No século X galego brilla con luz propia a figura sin­gular de san Rosendo. Nado no 907, probablemente como fillo segun­do do conde Gutierre Menéndez e da súa dona Ilduara Eriz, que formaban parte da máis rancia nobreza do país, emparenta­dos cos reis de León (Ilduara era prima de Afonso III e Gu­tierre foi cuñado de Ordoño II). Membro  de un poderoso liñaxe, Rosendo parece dende o seu nacemento destinado ós máis altos destinos.

 ·       Bispo de Mondoñedo:

Entregado á vida relixiosa, inicia a súa fulgurante carreira como bispo de Mondoñedo, co título tradicional de Dumio, inme­diatamente despois da morte de seu mentor e mestre o bispo Sabarico de Mondoñedo ocorrida no 925, non contando aínda ca idade mínima requirida polos canons para a consa­gración episcopal.

 ·       Benfeitor e fundador de mosteiros:

Dotado de un profundo sentido de responsabilidade, e probablemente dun espírito ascético que o pon en contacto inmediato cos movementos monásticos daqueles tempos, participa nas fundacións e dotacións de mosteiros (por caso foi tamén abade en San Salvador de Portomarín, denantes de ser elixido bispo) ata que decide fundar un mosteiro propio en Ce­lanova, establecido nas terras doadas polos seu irmán Froila no 936, que dota ricamente el mesmo, e tódolos membros da súa familia, en especial a súa nai Ilduara no 938; pola súa parte, outros magnates e entre eles o rei Ramiro II, como logo Ordoño III, Sancho o Craso e Ramiro III, contribuíron cas súas doazóns variadas e xenerosas a engrandecer o patrimonio da nova casa.

 ·       Novos camiños para o monacato:

Máis alá de toda esta acumulación de bens que procurou para asegurar a estabilidade de Celanova, coidou Rosendo con singular atención e es­mero os inicios e a marcha do recen fundado mosteiro, que orienta por novas sendas dentro das tradicións monacais he­rdadas de tempos visigóticos, ata que no ano 942 veo firmemente asentado tanto en construccións, coma en monxes e no mesmo espírito ascético. Non podemos esquecer que as novidades ven dictadas polos tempos, pero precisan da seguridade do pasado para ser esperanza do futuro.

 ·       Responsable do goberno de Galicia:

No ano 948 parece ter renunciado ás súas funcións pastorais na sé episcopal de Mondoñedo, aínda que mantivo ata a fin dos seus días o seu título de bispo de Dumio. En íntimo contacto cos rei de León, parece ser que foi encargado en diversas ocasiones do go­berno de extensas e diferentes rexións de Galicia; singularmente con Ramiro III exerce a súa autoridade moral e eclesiástica na corte rexia, coa que colabora asiduamente.

 ·       Bispo - administrador de Iria

Parece ser que por pouco tempo Rosendo foi bispo administrador de Iria. En circunstancias difíciles faise cargo da administración desta diocese de Iria, da que se  encarga por pouco máis de un ano (965 – 966). De facer caso a algunhas lendas tería contribuído a expulsar ós normandos de Galicia e participa­do nas campañas contra os musulmáns en Portugal.

 ·       Incorpórase ó mosteiro de Celanova, onde morre:

Pero pronto renuncia a todos estes traballos e reclúese definitivamente en Cela­nova, onde xa vivira anteriormente baixo a autoridade do abade Franquila. Na súa morte os monxes designárono a el abade do mosteiro. No ano 977, achacoso e enfermo, toma disposición sobre o futuro. E morre no atardecer do primeiro de marzo de aquel mesmo ano.

  Canonizado polo cardeal legado Xacinto:

A acta da canonización de san Rosendo data do 9 de outubro do 1172, realizada polo cardeal Xacinto Bobo, legado pontificio e, máis tarde, confirmada por el mesmo, xa convertido en Papa, Celestino III, con data 9 de outubro do 1195. É elevado ós altares nunha especie de canonización episcopal, gozando dende ese momento dun culto devoto e popular









No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.