Venres Santo na
Paixón do Señor
Neste
día a acción litúrxica desenvólvese en ambiente de silencio e contemplación. A
celebración iníciase co rito de entrada con procesión silenciosa e con prostración
ante o altar dos celebrantes; seguida da liturxia da Palabra coa lectura da
paixón e a oración universal; adoración da Santa Cruz, sinal do triunfo do amor
de Cristo sobre a morte e o pecado; o rito de comuñón coa reserva do Santísimo
Sacramento do Xoves Santo e despois procesión do Santo Enterro polas rúas da
cidade.
A
Igrexa, meditando na Paixón do Señor e Esposo e adorando a Cruz, conmemora o
seu propio nacemento e a súa misión de estender o Evanxeo polo mundo enteiro. A
Igrexa da grazas por tan inefable misterio redentor e intercede pola salvación da humanidade.
Os
exercicios de piedade, como o Viacrucis,
as procesións da Paixón e a lembranza das dores da Santísima Virxe
María, propios de este tempo, non poden
ser descoidados, dada a súa importancia pastoral. Os textos e os cantos
empregados deben responder ao espírito da liturxia do día. Os tempos destes
exercicios piadosos deben regularse co tempo da celebración litúrxica de tal
xeito que quede claro que a acción litúrxica, pola súa propia natureza, está
por riba dos exercicios piadosos. Na Catedral, a celebración será ás 17:00 h e
a procesión ás 21:00 horas.
Oficio de lecturas e Laudes:
Galería Celebración:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.