Misa
Crismal
A misa
crismal, que o bispo concelebra co seu presbiterio, é coma unha manifestación de
comuñón dos sacerdotes co propio bispo e con todo o pobo de Deus. Co santo
crisma consagrado polo bispo, únxense os bautizados, sélanse os confirmados e
únxense as mans dos presbíteros, as cabezas dos bispos e as paredes e altar das
igrexas no caso da súa dedicación. Co aceite dos catecúmenos, prepáranse e
disponse aos catecúmenos para o Bautismo.
Co óleo dos enfermos, estes reciben alivio e ánimo na súa debilidade física e espiritual.
Neste
día, ademais do matiz do sacerdocio ministerial, todo o pobo de Deus conmemora
e celebra a súa realeza, a súa santidade e o seu sacerdocio, a súa pertenza ao
Pobo de Deus grazas aos sacramentos da iniciación cristiá e, deste xeito, coa
capacidade de bendicir ao Señor.
Ás cinco
da tarde, na igrexa de santa Eufemia, terá lugar un retiro espiritual para os
sacerdotes e ás sete da tarde, no mesmo templo parroquial, iniciarase a solemne concelebración da Misa Crismal. ºAcabada a celebración, os Señores Arciprestes
levaran os santos óleos ás súas respectivas parroquias para utilizalos durante
todo o ano ata a a próxima semana santa. Alí, reservados nun lugar digno, serán
venerados polos feligreses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.