Domingo IX del tiempo ordinario. B.
San Antonio de Padua,
nado en Lisboa
Día 13 de juniod de 2021
De san Antonio dinse moitas cousas; algúns afirman que é mentirán, por
aquilo de que “san Antonio verdadeiro, 17 de xaneiro; san Antonio mentirán, 13
de san Xoán”. Mentirán, pois é nado en Lisboa, o seu nome de pía era Fernando e
foi monxe agustiño antes que frade franciscano. Outros afirman que foi un
grande orador: ata os peixes viñan a escoitalo nas ribeiras do mar e dos ríos.
O certo é que falaba con tal convicción e con tal testemuña da súa vida que ata
san Francisco e os responsables da orde franciscana pedían a súa palabra clarificadora
en momentos de transcendencia. É
coñecido como o doutor evanxélico. San Antonio, frade mendicante, nunca deixou
de pedir a os máis ricos para remediar a os máis pobres. O pobo crente, cando
fala de san Antonio, acórdanse do “pan dos pobres”. En moitas igrexas, os petos
de san Antonio están a rebordar de esmolas en beneficio dos máis pobres e
necesitados, e máis que nunca nestes días de pandemia. Na cidade de Ourense a
imaxe de santo Antonio na praza do mesmo nome recibe abundantes esmolas que van a parar ao Asilo de Anciáns, sempre e
cando non se quedan nas mans de algún aproveitado, capaz de desvalixar o seu
peto. E de san Antonio tamén se di que é moi aproveitado, pois quere esmola por
axudarnos a encontrar o perdido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.