Visitas Guiadas

domingo, 13 de junio de 2021

San Antonio de Padua, nacido en Lisboa

 

Domingo IX del tiempo ordinario. B.

San Antonio de Padua, nado en Lisboa

Día 13 de juniod de 2021


Penso que é bo engadir o dato da seu nacemento, pois axúdanos a evitar malos entendidos entre aqueles que matinan en que san Antonio é portugués e non italiano, anque sexa paduano. San Antonio é un dos santos máis venerados no mundo católico. Iso débese a unidade de acción apostólica da orde franciscana, á que aproveitamos para felicitala.



De san Antonio dinse moitas cousas; algúns afirman que é mentirán, por aquilo de que “san Antonio verdadeiro, 17 de xaneiro; san Antonio mentirán, 13 de san Xoán”. Mentirán, pois é nado en Lisboa, o seu nome de pía era Fernando e foi monxe agustiño antes que frade franciscano. Outros afirman que foi un grande orador: ata os peixes viñan a escoitalo nas ribeiras do mar e dos ríos. O certo é que falaba con tal convicción e con tal testemuña da súa vida que ata san Francisco e os responsables da orde franciscana pedían a súa palabra clarificadora en momentos de transcendencia.  É coñecido como o doutor evanxélico. San Antonio, frade mendicante, nunca deixou de pedir a os máis ricos para remediar a os máis pobres. O pobo crente, cando fala de san Antonio, acórdanse do “pan dos pobres”. En moitas igrexas, os petos de san Antonio están a rebordar de esmolas en beneficio dos máis pobres e necesitados, e máis que nunca nestes días de pandemia. Na cidade de Ourense a imaxe de santo Antonio na praza do mesmo nome recibe abundantes esmolas  que van a parar ao Asilo de Anciáns, sempre e cando non se quedan nas mans de algún aproveitado, capaz de desvalixar o seu peto. E de san Antonio tamén se di que é moi aproveitado, pois quere esmola por axudarnos a encontrar o perdido.

De todo isto temos que sacar algunha lección para ás nosas vidas: os sacerdotes e os ministros da Palabra temos a obriga de esforzarnos en transmitir nítida a mensaxe da Boa Nova con convicción e testemuño de vida. A acción caritativa e social nunca pode faltar nas celebracións cristiás, sobre todo na Eucaristía; en comuñón co Noso Señor Eucaristía, vivimos a unidade e a solidariedade con todos, de xeito especial cos que mailo precisan. E non podemos esquecer o compromiso de evanxelización co mundo no que vivimos; fai tempo que en Ourense tiña unha gran vitalidade o movemento xuvenil “Juventud Antoniana”. Algúns dos que me están lendo, recórdano con ledicia e tamén con certa saudade. O deporte, a catequese, o ocio e divertimento, formaban parte dos seu programa, xunto cas campañas solidarias. Os frades franciscanos evanxelizaban sempre co exemplo de algúns dos seus santos. Hoxe tamén temos que ofrecer modelos de vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.