sábado, 28 de diciembre de 2019

Coral de Ruada. Concerto do Nadal



Concerto de Nadal da Coral de Ruada

na S. I. Catedral de San Martiño

Día 28 de decembro de 2019


A Coral de Ruada, rematando ca celebración do seu centenario con espléndidos concertos en distintos e variados escenarios, polas  prazas e basílicas máis importantes, incluída a do Vaticano, prosigue co seu concerto anual do Nadal na Catedral de Ourense e, como mandan os cánones, dentro da temática musical propia do tempo: villancicos, panxoliñas, cantos de tenrura e para durmir ao Neno. "Dicir Nadal na Catedral de Ournense é dicir Coral de Ruada" (Obispo Lemos)

O papa Francisco (que neste ano tivo ocasión de recibir e saudar a Coral de Ruada), dinos nunha preciosa carta apostólica sobre os beléns (Admirabile Signum): "que no medio da escuridade do noso mundo, luce a luz do Portal para abrirnos camiños e sentido as nosas vidas". "¡Cantas veces a noite envolve as nosas vidas! Ben, mesmo neses momentos, Deus non nos deixa sós, senón que está presente para responder ás preguntas decisivas sobre o sentido da nosa existencia: Quen son eu? De onde veño? Por que nacín neste momento? Por que sufro? Por que morrerei? Para responder a estas preguntas, Deus converteuse en home. A súa proximidade trae luz onde hai escuridade e ilumina aos que atravesan a escuridade do sufrimento (cf. Lc 1,79)".
Tamén nos recorda que os montes e os vales, os ríos e as fontes de cada belén, os pastores cas súas  ovellas e vacas, convídannos a respectar este noso mundo, o noso planeta, pois é regalo de Deus e non temos outro.

¡Feliz concerto, boa audición, e cantemos "Adeste Fideles..."! 

Galería de Fotos:










No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.