miércoles, 6 de marzo de 2019

Tempo de Coresma



Tempo de Coresma















Os mais entrados en anos recordarán con migo aquilo de “Ana, Badana, Rebeca, Susana, Lázaro, Ramos en Pascuas estamos”, en relación coas lecturas que correspondían a cada unha das semanas de coresma; ou tamén aquilo de que “de sete irmás que somos, a primeira eu nacín; si son a de menos tempo, ¿como poderá ser así?”, en relación a primeira semana de cinza, a mais pequena, inicio das demais semanas de coresma. Claro que de aquela  tiñamos mais coñecemento dos contidos relixiosos da Liturxia cristiá que nos tempos que corren.







A Coresma é o tempo que precede e dispón  para a celebración da Pascua. Tempo de escolta da Palabra de Deus e de conversión, tempo de preparación y de renovación do compromiso bautismal, tempo de reconciliación con Deus e cos irmáns, tempo para a confesión dos pecados e tempo para poñer en práctica ás “armas da peniten­cia cristiá”: a oración, o xaxún e a esmola (cf. Mt  6,1-6.16-18).





No ámbito da piedade popular queda un pouco  escurecido o sentido «sacramental dos corenta días» e os sacramentos da iniciación cristiá, ou o misterio do «éxodo» do pobo de Israel, presente en todo o itinerario coresmal. Segundo unha constante da piedade popular, que se centra nos misterios da humanidade de Cristo, na Coresma os fieis, polo xeral,  centran a súa atención na Paixón e na Morte do Señor.



O comezo dos corenta días de penitencia caracterízase no rito romano polo austero símbolo da Cinza: recoñecer a propia fraxilidade, que necesita ser redimida pola misericordia de Deus. Lonxe de ser un xesto puramente exterior, a Igrexa consérvao coma un signo da actitude de un corazón arrepentido. 




Recórdolles que en tódalas igrexas da cidade de Ourense imponse a cinza ao principio das misas do mércores de cinza. O Sr. Bispo preside a celebración na Catedral ás 19.00 horas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.