Tempo de
Coresma
Os mais entrados en anos recordarán con migo aquilo de “Ana, Badana, Rebeca, Susana, Lázaro, Ramos en Pascuas estamos”, en relación coas lecturas que correspondían a cada unha das semanas de coresma; ou tamén aquilo de que “de sete irmás que somos, a primeira eu nacín; si son a de menos tempo, ¿como poderá ser así?”, en relación a primeira semana de cinza, a mais pequena, inicio das demais semanas de coresma. Claro que de aquela tiñamos mais coñecemento dos contidos relixiosos da Liturxia cristiá que nos tempos que corren.
A Coresma é o tempo que precede e dispón
para a celebración da Pascua. Tempo de escolta da Palabra de Deus e de
conversión, tempo de preparación y de renovación do compromiso bautismal, tempo
de reconciliación con Deus e cos irmáns, tempo para a confesión dos pecados e
tempo para poñer en práctica ás “armas da penitencia cristiá”: a oración, o
xaxún e a esmola (cf. Mt 6,1-6.16-18).
No ámbito da piedade popular queda un pouco
escurecido o sentido «sacramental dos corenta días» e os sacramentos da
iniciación cristiá, ou o misterio do «éxodo» do pobo de Israel, presente en
todo o itinerario coresmal. Segundo unha constante da piedade popular, que se
centra nos misterios da humanidade de Cristo, na Coresma os fieis, polo
xeral, centran a súa atención na Paixón
e na Morte do Señor.
O comezo dos corenta días de penitencia caracterízase no rito romano polo austero símbolo da Cinza: recoñecer a propia fraxilidade, que necesita ser redimida pola misericordia de Deus. Lonxe de ser un xesto puramente exterior, a Igrexa consérvao coma un signo da actitude de un corazón arrepentido.
Recórdolles que en tódalas igrexas da cidade de Ourense imponse a cinza ao
principio das misas do mércores de cinza. O Sr. Bispo preside a celebración na
Catedral ás 19.00 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.