sábado, 2 de febrero de 2019

Festa das Candeas e Vida Consagrada






Hoxe, día 2 de febreiro, sábado, celebramos a festa da Presentación do Señor, chamada tamén polos gregos Hypapante ou festa da manifestación de Xesucristo coma luz que alumea a tódolos pobos. En Galicia chámaselle a festa das Candeas. Co gallo de esta festa, antes da misa, bendícense as candeas e faise una gran procesión polas naves da Catedral, presidida polo Sr. Bispo, acompañado polos membros do Cabido catedralicio, polos Sacerdotes, polos Relixiosos e por todos aqueles que queiran sumarse nesta xornada festiva. ¡É a festa da luz! En consonancia co tempo, o sol empeza a vencer a tebras, chegando a poder o día ca noite, pasando do inverno a primavera; todo ilo símbolo de “Cristo luz do mundo”.


Foi o papa san Xoán Paulo II quen inaugurou a Xornada Mundial das Persoas Consagradas o día 2 de febreiro do 1997. Tódalas persoas consagradas ( monxes, monxas, frades, relixiosos, relixiosas, institutos seculares, en definitiva tódalas persoas consagradas...) festexan neste día a vocación a que foron chamados por Deus e danlle gracias por formar parte do grupo dos escollidos para testemuñar a unión do ceo ca terra. O lema que escolleron para este día é “Pai noso. A vida Consagrada presenza do amor de Deus”. É dicir, cada consagrado, coa súa vida e testemuño, anuncia que Deus, noso Pai, é un Deus que nos ama entrañablemente. E, co seu Fillo Xesucristo, rezamos o Noso Pai, que tan ben expresa esa relación paterno filial.

   

As persoas consagradas son a alma da Igrexa que reza, contempla e vive, na humildade e dende a súa pobreza e obediencia, a súa entrega xenerosa aos más indixentes. Por desgracia son pouco coñecidas, e menos valoradas, incluso polos máis crentes. Este é un bo día para tomar conciencia de esta realidade eclesial e tamén para pedirlle ao Señor por todos eles e para pedirlle  ao Señor que moitos mozos e mozas escoiten a súa chamada para vida consagrada e respondan con xenerosidade: “aquí estou, Señor, mándame a min”.



Galería de Fotos:






































Coral de Palmés





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.