Hoxe, día 2 de febreiro, sábado, celebramos a festa da Presentación do
Señor, chamada tamén polos gregos Hypapante ou festa da manifestación de
Xesucristo coma luz que alumea a tódolos pobos. En Galicia chámaselle a festa das
Candeas. Co gallo de esta festa, antes da misa, bendícense as candeas e faise
una gran procesión polas naves da Catedral, presidida polo Sr. Bispo,
acompañado polos membros do Cabido catedralicio, polos Sacerdotes, polos Relixiosos
e por todos aqueles que queiran sumarse nesta xornada festiva. ¡É a festa da
luz! En consonancia co tempo, o sol empeza a vencer a tebras, chegando a poder
o día ca noite, pasando do inverno a primavera; todo ilo símbolo de “Cristo luz
do mundo”.
Foi o papa san
Xoán Paulo II quen inaugurou a Xornada Mundial das Persoas Consagradas o día 2
de febreiro do 1997. Tódalas persoas consagradas ( monxes, monxas, frades,
relixiosos, relixiosas, institutos seculares, en definitiva tódalas persoas
consagradas...) festexan neste día a vocación a que foron chamados por Deus e
danlle gracias por formar parte do grupo dos escollidos para testemuñar a unión
do ceo ca terra. O lema que escolleron para este día é “Pai noso. A vida
Consagrada presenza do amor de Deus”. É dicir, cada consagrado, coa súa vida e
testemuño, anuncia que Deus, noso Pai, é un Deus que nos ama entrañablemente.
E, co seu Fillo Xesucristo, rezamos o Noso Pai, que tan ben expresa esa
relación paterno filial.
As persoas
consagradas son a alma da Igrexa que reza, contempla e vive, na humildade e
dende a súa pobreza e obediencia, a súa entrega xenerosa aos más indixentes.
Por desgracia son pouco coñecidas, e menos valoradas, incluso polos máis crentes.
Este é un bo día para tomar conciencia de esta realidade eclesial e tamén para
pedirlle ao Señor por todos eles e para pedirlle ao Señor que moitos mozos e mozas escoiten a
súa chamada para vida consagrada e respondan con xenerosidade: “aquí estou,
Señor, mándame a min”.
Galería de Fotos:
Coral de Palmés |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.