jueves, 26 de octubre de 2017

Misa en acción de grazas pola canonización de San Faustino Míguez

San Faustino Míguez, fundador das Calasancias




O día 15 de outubro, na Basílica de San Pedro de Roma, o papa Francisco canonizaba a San Faustino Míguez, sacerdote escolapio (nacido o 25 de marzo d0 1831 en Xamirás, aldea da parroquia de Acevedo do Río, da nosa diocese de Ourense) fundador das Nais Calasancias. Hoxe é festa para Igrexa e para tódolos ourensáns. Hoxe, na S. I. Catedral, presidida polo Sr. Bispo, D. Leonardo Lemos Montanet, misa en acción de grazas pola súa canonización, as 20.00 horas.




O haxiógrafos, cando nos narran a vida dos santos canonizados,  fálanmos dos seus moitos milagres e das súas virtudes vividas en grado heroico. A min gústanme máis as biografías que nos falan de un neno, nado nunha familia cristiá en Xamirás, o benxamín de catro irmáns, inquedo coma tódolos nenos e nenas; fálannos de como no seu fogar aprende a amar e a ser amado polos seus pais e irmáns, como aprende a rezar e a quererlle tamén a Deus, noso Pai, e a mamá do ceo, a Virxe María, na advocación do Cristal ou da Aramada. Un neno que vai a misa da parroquia de Acevedo cos seus pais e cos seus irmáns, que atende a catequese do Sr. Cura e vai completando a súa iniciación cristiá coma os nenos e nenas dos pobos por aquel tempo.




Faustino é o benxamín da familia e seus pais queren darlle estudos; queren que sexa un home de ben e de proveito.  E, ¿onde estudar? Daquela ten que ir interno ao Santuario dos Milagres. Alí, co latín e mailo grego, coa gramática e a retórica, escoita falar moito da chamada do Señor a vida consagrada e sacerdotal. A os pes da Virxe dos Milagres Faustino vai medrando interiormente, vai encamiñando a súa maneira de  ser e de pensar polos vieiros da vida sacerdotal, pero como profesor, pois gústalle moito ser ensinante. Os seus veciños recordábano como “un neno moi educado; que falaba con vellos e novos; que tiña para todos unha palabra de consolo”. Esta é a mellor definición de un santo.




Xa mociño, ingresa nas Escolas Pías de San Xosé de Calasanz e converte en realidade o seu soño: ser escolapio, sacerdote e mestre de  nenos e nenas, En San Fernando, en Xetafe, en Celanova, entrégase en corpo e alma ao ensino dos máis pequenos e goza, véndoos medrar, coma un pai co ben dos seus fillos. Na súa madureza , anos máis tarde, aberto ás necesidades dos tempos e guiado polo Espírito do Señor, fundará as Nais Calasancias, enriquecendo con este Instituto Relixioso a Igrexa con unha pléiade de vocacións femininas a vida consagrada.





















A min prímame a imaxe de San Faustino no deambulatorio da Catedral de Ourense, rodeado de nenos, pais e nais, que escoitan con atención as ensinanzas do noso santo, que tenta, como bo mestre, explicarlle os camiños da sabedoría, que en Cristo, “camiño, verdade e vida”, alcanzará o cumio do saber. Cando esteamos lendo este artigo, pensen que xa temos no ceo a un amigo e veciño, que foi, é  e será o noso grande intercesor. ¡Nora boa Ourense, nora boa Celanova, nora boa Acevedo do Río, nora boa Madres Calasancias e nora boa a  tódolos seus alumnos!



Galería de fotos:

















































No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.