¡Qué gozo tan grande poder
recibir na nosa cidade de Ourense, nas nosas rúas e na nosa Catedral, a Excelsa Señora dos Milagres! Moitas grazas, P.
Reitor do Santuario do Monte Medo por permitirnos nesta tarde do mes de maio a
alegría de encontrarnos ca Nosa Señora, a Nai de Deus e a Nosa Nai, a Virxe
María.
 |
| Sae a procesión do patio do bispado |
¡Virxe bendita dos Milagres!,
abrímosche as portas do noso corazón e da nosa cidade para recibir o prezado
don da alegría do Evanxeo que ti nos traes, por axudarnos a vivilo e tamén para
dalo a coñecer, seguindo o teu exemplo.
“Virxe
e Nai María, ti
que, movida polo Espírito, acolliches ao Verbo da vida na profundidade da túa
humilde fe, totalmente entregada ao Eterno, axúdanos a dicir o noso « si » ante
a urxencia, máis imperiosa que nunca, de facer resoar a Boa Noticia de Xesús” “Ourense en
misión con María” é o lema do noso compromiso de unha “Igrexa en saída”.
 |
| A Cruz procesional e a Real Banda de Gaitas por Lamas Carvajal |
“Ti,
chea da presenza de Cristo, levaches a alegría a Xoán Bautista, facéndoo exultar no seo da súa nai.
Ti, estremecida de gozo, cantaches as marabillas do Señor. Ti, que estiveches
plantada ante a cruz cunha fe inquebrantable e recibiches o alegre consolo da
resurrección, recolliches os discípulos na espera do Espírito para que nacese a
Igrexa evanxelizadora. Consíguenos agora un novo ardor de resucitados para levar a todos o Evanxeo
da vida que vence á morte”.
 |
| Pola rúa Juan de Austria camiño da Catedral |
Nós tamén queremos ser unha Igrexa en
saída, tal como o Papa Francisco no la debuxa: non encollida, non con medo ó qué
dirán, non apoucada polos tempos que corren, ou refuxiándose en que “sempre foi
así”. “Dános a santa
audacia de buscar novos camiños para que chegue a todos o don da beleza que non se apaga”.
 |
| Solemne cocnelebración |
“Ti,
Virxe da escoita e da contemplación, nai do amor, esposa das vodas eternas,
intercede pola Igrexa, da cal es icono perfecto, para que ela nunca se encerre
nin se deteña na súa paixón por instaurar o Reino. Estrela da nova evanxelización,
axúdanos a resplandecer no testemuño da comuñón, do servizo, da fe ardente e
xenerosa, da xustiza e do amor aos pobres, para que a alegría do Evanxeo chegue
ata os confíns da terra e ningunha periferia se prive da súa luz”.
 |
| Solemne concelebración |
Virxe dos Milagres, na nosa cidade temos moito polo que chorar e moito polo que
sorrir.... Temos unha sociedade enferma social, moral e espiritualmente falando.
Pero, Nai ben querida do ceo, temos conciencia moi clara de todo canto somos e
necesitamos para anovar a nosa Igrexa en Ourense.
 |
| Homilía programática do Sr. Bispo |
“Acompaña a Igrexa en Ourense
no camiño da misión”. A fe en Ourense enraízase na devoción a Virxe María. A fe
en Ourense transmítese pola devoción a Virxe María. A nova evanxelización das
nosas terras de Ourense debe enmarcarse sempre na proximidade da nosa Bendita
Nai do ceo e pola súas intercesión chegará sempre ó bo fin. Virxe dos Milagres, “acompaña a Igrexa en
Ourense no camiño da misión”.
 |
| Por María a Xesús na Sagrada Comuñón |
Nai do Evanxeo vivente, manancial de alegría para os
pequenos, prega por nós. Amén. Aleluya”.
Resumo de unha xornada mariana:
comprían dúas ou tres catedrales maís para acoller a os miles de devotos da Virxe dos Milagres. A.M.D.G.