viernes, 12 de abril de 2019

Viacrucis por las calles de Ourense




Viacrucis por la ciudad de Ourense

Día 12 de abril de 2019

A las 20.00 horas

Organiza la delegación diocesana “da mocidade”

Vía crucis significa “camino de la cruz”. Al rezarlo, recordamos con amor y agradecimiento lo mucho que Jesús sufrió por salvarnos del pecado durante su pasión y muerte.





Al recordar cada estación unimos a la Pasión del Señor, el dolor y sufrimiento de tantos inocentes que siguen cargando cruces injustas en nuestro mundo o que con su dolor suben camino del calvario de su propia vida.






Cristo sigue cargando con la cruz de nuestros pecados; el inocente se hace reo siendo ajusticiado por las fechorías los culpables; y lo hace voluntariamente, en un ambiente de infinita misericordia, que es la que Dios nos manifiesta a través de su Hijo que muere en la cruz. 






Por las calles de Ourense, jóvenes y no tan jóvenes, revivimos el acontecimiento histórico salvífico de la pasión, muerte y resurrección del Señor. 




domingo, 31 de marzo de 2019

Diaconado Permanente en Ourense


O diaconado permanente








Por primeira vez en Ourense:

Por primeira vez na historia da Igrexa de Ourense, o 31 de marzo ordénase o primeiro diácono permanente na S. I.  Catedral. Será ás 18.30. O Concilio Vaticano II restaurou o diaconado permanente, reafirmando a tripla orde do ministerio ordenado: bispos, sacerdotes e diáconos. Isto aclara que a escaseza sacerdotal non é o motivo da ordenación dos diáconos permanentes, senón que con iso a Igrexa recupera a súa plena identidade xerárquica. 












Breve historia do diaconado permanente:

O diaconato aparece xa no Novo Testamento e é frecuentemente citado polos pais da Igrexa e polos concilios dos primeiros séculos. A institución diaconal floreceu ata o século V; máis tarde experimentou un lento descenso, acabando por quedarse só como unha etapa intermedia para acceder ao sacerdocio. O Concilio de Trento mandou que se restaurase o diaconado permanente, pero sen accións concretas. O Concilio Vaticano II restitúeo como "o grao propio e permanente da xerarquía". E, por último, o Código de Dereito Canónico, promulgado en 1983 polo Papa Xoán Paulo II, integrou as disposicións que o Concilio Vaticano II ordenara así como as ensinanzas sobre o tema do Papa San Pablo VI. Nas diócesis españolas, as Normas prácticas para o establecemento do diaconado permanente foron aprobadas en Decreto pola Sagrada Congregación para os Sacramentos e Culto Divino con data do 29 de abril de 1978.








Misión dos diáconos permanentes:
O diácono exerce o servizo ao Pobo de Deus nos tres ámbitos fundamentais da misión da Igrexa: ensinar, santificar e guiar co testemuño caritativo-social. Así, o diácono está chamado a anunciar o Evanxeo e a predicar. O diácono instrúe o pobo de Deus a través da homilía, da catequese e dos distintos espazos de transmisión da Palabra. No ámbito litúrxico e sacramental, o diácono participa na acción santificadora do pobo de Deus. Así, preside a celebración dalgúns sacramentos (bautismo e matrimonio), preside os ritos exequiais e tamén a Liturxia das Horas, a oración dos fieis, e bendí ás persoas e ás cousas e, por riba de todo, axuda ao Bispo e ao sacerdote na celebracións da Eucaristía. No ámbito caritativo-social, de xeito preeminente, o diácono está chamado a ser dilixente testemuño da caridade de Cristo, que veu para servir e dar a súa vida. 









Cal será a súa misión na diocese de Ourense?

Dentro das misión subliñadas e propias dos diáconos, a misión dos diáconos serán aquelas que lle encomende o Sr. Bispo: asistir ao Bispo nas celebracións, celebrar a Palabra, presidir celebracións en ausencia de sacerdotes, bautizar e asistir aos matrimonios, homilías, catequeses, coidado dos enfermos e tamén presidir as Caritas parroquiais, etc. Certamente serán de gran axuda para a Igrexa diocesana.





martes, 19 de marzo de 2019

Festividad de San José. Día del Seminario




Festa de san Xosé.  Día do Seminario



Hoxe, 19 de marzo, festa do patriarca san Xosé, a Igrexa en España celebra tamén o Día do Seminario, tendo en conta que a promoción das vocacións ao sacerdocio é "unha misión de todos": das familias, das parroquias, das escolas, dos movementos, grupos e asociacións. 




Hai algúns anos lamentabamos a falta de vocacións para a vida sacerdotal e consagrada. E tiñamos medo de que a cousa fora a peor: cada vez menos sacerdotes para atender as nosas comunidades parroquiais; ¿que será das nosas cidades e vilas no día de mañá?, preguntabámonos. Pero, con perspectiva eclesiástica, temos que dicir que eses sentimentos foron superados pola reacción de moitos leigos que tomaron conciencia da necesidade de participar activa e conscientemente no ministerio pastoral da Igrexa. Os sacerdotes son menos, pero con dedicación case exclusiva ao seu ministerio, prescindindo de ocupacións que non lles son propias, e que deben desenrolar os laicos cristiáns. De xeito que, aínda que temos poucos sacerdotes, contamos coa inestimable axuda de tantos segrares nos distintos campos do traballo pastoral. 




Ourense ten un Seminario vivo; é dicir, con seminaristas. Non tantos coma noutros tempos, pero recibindo unha formación integral (espiritual, intelectual e pastoral), que lles permita ser pastores para os tempos que corren. Probablemente, aqueles de nós que nacemos xa fai algún tempo, temos opinións diferentes sobre o seminario e sobre os novos seminaristas. Pero tamén é certo que non caemos na conta de que a Igrexa evoluciona e camiña ao ritmo que lle marcan os tempos. Os responsables dos seminarios saben diso e esfórzanse por darlles a mellor formación aos novos pastores, que a Igrexa precisa para a tarefa evanxelizadora. 




Para o traballo da promoción vocacional pensamos nas familias cristiás, nas comunidades parroquiais, nas escolas da Igrexa, nas concertadas e públicas, nos grupos, movementos e asociacións da Igrexa, como lugar apropiado para unha pastoral vocacional. Hai maneiras de pensar distintas sobre a tarefa da promoción vocacional; pero a verdade é que, como din os bispos españois, "a misión pertence a todos", especialmente aos sacerdotes. Parabéns a todos os que levan o nome do patriarca San Xosé e a todos os pais que descobren no varón Xusto ao modelo a imitar na súa vida familiar.