sábado, 2 de julio de 2022

Consejo de Pastoral

 

Programación Diocesana de Pastoal

CURSO 2022-2023

 


LEMA

Ánimo, son eu. Non teñades medo (Mc 6,50)

 

OBXECTIVO

Ser testemuñas, con obras e palabras, da riqueza do noso encontro con Cristo, entre aqueles cos que convivimos e saíndo ao encontro dos que estamos afastados.

 

Obxectivo específico primeiro: ANUNCIO

Promover espazos comunitarios de encontro con Xesuristo que nos axuden a reavivar a nosa fe e nos convertan en testemuñas ante os demais.

 

Accións a nivel diocesano

·         Difundir e facer seguimento da posta en marcha das propostas do Sínodo Diocesano.Responsable: Vigairía de Pastoral.

·         Crear un equipo para deseñar itinerarios de acompañamento aos pais nos seus procesos de fe. Responsables: Delegacións de Catequese, Familia e Apostolado Segrar.

·         Crear canles para ter presenza en ámbitos non estritamente eclesiais. Responsables: Delegacións de Apostolado Segrar e Medios de Comunicación Social.

Accións a nivel arciprestal

·         Organizar encontros para impulsar a formación e pertenza a grupos e comunidades (Acción Católica, Movementos, formación de catequistas) que compartan a vida de fe e experiencias evanxelizadoras. (Instrumento 4º, tema 1, proposta 5ª).

·         Propiciar espazos para dar a coñecer o que somos e vivimos: peregrinacións, voluntariado, deporte, música, campos de traballo, campamentos, encontros en santuarios e mosteiros... (Instrumento 4º, tema 2, proposta 3ª). Responsables: Arcipreste e Consello pastoral arciprestal.

 

Accións a nivel parroquial

·         Aproveitar as ocasións que nos ofrecen as celebracións litúrxicas, vodas, bautizos ou enterros, para achegarnos aos afastados e realizar o primeiro anuncio. (Instrumento 4º, tema 1, proposta 3ª).

·         Crear un equipo de acollida como testemuña da proximidade evanxelizadora da Igrexa. (Instrumento 3º, tema 3, proposta 4ª).

·         Fomentar a utilización de novas tecnoloxías como ferramentas de evanxelización, formación e información. (Instrumento 4º, tema 1, proposta 6ª). Responsable: Párroco e Consello pastoral parroquial.

 

Obxectivo específico segundo: CELEBRACIÓN

Revitalizar as celebracións litúrxicas de modo que nos axuden a ser testemuñas da ledicia pascual. (Instrumento 3º, tema 1, proposta 1ª).

 

Accións a nivel diocesano

·         Elaborar e difundir material sobre o significado dos xestos e palabras da celebración de cada sacramento. (Instrumento 3º, tema 1, proposta 3ª).

·         Deseñar unha campaña para animar á participación presencial nas celebracións, especialmente a Eucaristía dominical, así como nos demais encontros promovidos no ámbito da Igrexa. (Instrumento 3º, tema 2, proposta 8ª). Responsables: Delegacións de Liturxia e Catequese.

·         Formar leigos que poidan reunir á comunidade e celebrar a fe ofrecéndolles recursos e medios para a súa formación e ministerio. (Instrumento 3º, tema 2, proposta 6ª).Responsables: Vigairía de Pastoral e Delegacións de Asuntos Académicos e Apostolado Segrar.

 

Accións a nivel arciprestal

·         Animar aos sacerdotes e ao equipo litúrxico arciprestal a coñecer e difundir os materiais sobre o significado dos xestos e palabras da celebración de cada sacramento. (Instrumento 3º, tema 1, proposta 3ª).

·         Facer presente a campaña da Eucaristía dominical e elaborar un calendario cos horarios e lugares das eucaristías de referencia. (Instrumento 3º, tema 3, proposta 8ª).

·         Crear equipos de liturxia, que preparen, animen e coordinen o desenvolvemento das celebracións, aplicando as normas litúrxicas, alentando á comunidade a ser parte activa das mesmas. (Instrumento 3º, tema 1, proposta 2ª).

·         Buscar leigos para recibir a formación proposta a nivel diocesano. (Instrumento 3º, tema 2, proposta 6ª).Responsables: Arcipreste e equipo arciprestal.

 

Accións a nivel parroquial

·         Utilizar o material sobre o significado dos xestos e palabras da celebración de cada sacramento. (Instrumento 3º, tema 1, proposta 3ª).

·         Insistir na participación presencial na Eucaristía dominical.

·         Aproveitar as celebracións da piedade popular para revitalizar a vida litúrxica do noso pobo. (Instrumento 3º, tema 3, proposta 11ª). Responsables: Párrocos e equipo de liturxia parroquial.

 

Obxectivo específico terceiro: ACCIÓN CARITATIVO-SOCIAL E COMUÑÓN

Vivir a comuñón eclesial como camiño de transformación da realidade, formándonos como discípulos para a acción.

 

Accións a nivel diocesano

·         Deseñar e publicar un proxecto de cara á creación dos centros de referencia desde onde se coordine e se faga visible o traballo pastoral da Igrexa (estrutura, medios humanos e materiais e áreas fundamentais de traballo). (Instrumento 2º, tema 1, proposta 6ª). Responsables: CPD e Consello de Presbiterio.

·         Buscar canles para alentar a participación dos leigos nas diversas organizacións sociais, políticas e económicas de cara á procura do ben común de todas as persoas. (Instrumento 2º, tema 3, proposta 5ª).Responsables: Vigairía de Pastoral e Delegación de Apostolado Segrar.

·         Organizar unha xornada de reflexión, formación e revisión en torno a como facer a acollida desde Cáritas.Responsable: Cáritas diocesana.

 

Accións a nivel arciprestal

·         Constituír os consellos de pastoral arciprestal e que traballen o documento dos centros de referencia do obxectivo a nivel diocesano. (Instrumento 1º, tema 1, proposta 4ª).Responsables: Arcipreste e Consello pastoral arciprestal.

·         Seguir traballando na comunicación e coordinación entre as distintas Cáritas buscando a complementariedade, axuda e apoio mutuo. (Instrumento 2º, tema 2, proposta 7ª).

·         Potenciar reunións dos membros de Cáritas do mesmo arciprestado para a formación sobre a DSI. (Instrumento 2º, tema 1, proposta 7ª). Responsables: Director/a das Cáritas parroquiais e arcipreste.

 

Accións a nivel parroquial

·         Implantar e potenciar os ministerios e servizos laicais nos diferentes ámbitos da vida da Igrexa cunha preparación axeitada. (Instrumento 2º, tema 3, proposta 3ª).

·         Promover a pastoral da saúde coa colaboración de todos os membros da comunidade parroquial. (Instrumento 2º, tema 2, proposta 4ª).

·         Integrar na programación pastoral das parroquias e coidar na catequese a formación para a caridade como expresión do amor de Deus e esixencia da nosa fe. (Instrumento 2º, tema 2, proposta 6ª).Responsables: Párroco e Consello pastoral parroquial.

Vista Panorámica

 Tejados Catedral desde el Cimborrio

2 - VII - 2022








viernes, 1 de julio de 2022

Albacete. Parroquia de san Juan Pablo II

Parroquia de san Juan Pablo II de 
Albacete camino de Compostela

La parroquia de SAN JUAN PABLO II,  de Albacete, visita la Ctedral Basílica de san Martín camino de Santiago en el año Santo Compostelano. Presidió la eucaristía en la capilla del Santo Cristo el Sr. Cura Párroco, D.Francisco José Sevilla Calixto. Setrata de la séptima peregrinación "Tierra de María", recordando las muchas advocaciones marianas de Galicia.











miércoles, 29 de junio de 2022

Fiesta de san Pedro y san Pablo

 

Solemnidad de los santos Pedro y Pablo

Día 29 de junio de 2022

 


“En la narración de Matero encontramos la profesión de fe de Pedro al reconocer a Jesús como el Hijo de Dios. Con los signos de la piedra como firme construcción, las llaves como hogar y acogida, y el atar y desatar como responsabilidad para tomar decisiones y avanzar, Jesús confirma que delega en Pedro la autoridad sobre el grupo de creyentes y seguidores.

Pedro y Pablo son apóstoles con personalidades y formas de hacer diferentes, pero piezas clave en el nacimiento de la Iglesia... Líderes apasionados, abiertos a las sorpresas de Dios, son hoy, más que nunca, un modelo de sinodalidad, de mirada compartida en la búsqueda de respuestas a los signos del tiempo” (Misa Claret)

 



San Juan: 21, 15 – 19:

“Simón, hijo de Juan, ¿me amas más que éstos?... Sí Señor, tu sabes que te quiero... Apaciente mis corderos”.

“Simón, hijo de Juan, ¿me amas?... Sí, Señor, tú sabes que te quiero... Pastorea mis ovejas”.

Simón, hijo de Juan, ¿me amas?... Señor, tú conoces todo, tú sabes que te quiero... Apacienta mis ovejas”.

 San Mateo 16, 13 – 19:

“Tú eres el Mesías, el Hijo del Dios vivo... Bienaventurado tú, Simón, hijo de Jonás!... Tú eres Pedro y sobre esta piedra edificaré mi Iglesia, y el poder del infierno no la derrotará...”.

“Te daré las llaves del reino de los cielos; lo que ates en la tierra, quedará atado en los cielos, y lo que desates en la tierra quedará desatado en los cielos”.