Programación Diocesana de Pastoal
CURSO 2022-2023
LEMA
Ánimo,
son eu. Non teñades medo (Mc 6,50)
OBXECTIVO
Ser
testemuñas, con obras e palabras, da riqueza do noso encontro con Cristo, entre
aqueles cos que convivimos e saíndo ao encontro dos que estamos afastados.
Obxectivo específico primeiro: ANUNCIO
Promover espazos comunitarios de encontro con Xesuristo
que nos axuden a reavivar a nosa fe e nos convertan en testemuñas ante os
demais.
Accións a nivel diocesano
·
Difundir
e facer seguimento da posta en marcha das propostas do Sínodo Diocesano.Responsable: Vigairía de Pastoral.
·
Crear un
equipo para deseñar itinerarios de acompañamento aos pais nos seus procesos de
fe. Responsables: Delegacións de
Catequese, Familia e Apostolado Segrar.
·
Crear
canles para ter presenza en ámbitos non estritamente eclesiais. Responsables: Delegacións de Apostolado
Segrar e Medios de Comunicación Social.
Accións a nivel arciprestal
·
Organizar
encontros para impulsar a formación e pertenza a grupos e comunidades (Acción Católica,
Movementos, formación de catequistas) que compartan a vida de fe e experiencias
evanxelizadoras. (Instrumento 4º, tema 1, proposta 5ª).
·
Propiciar
espazos para dar a coñecer o que somos e vivimos: peregrinacións, voluntariado,
deporte, música, campos de traballo, campamentos, encontros en santuarios e
mosteiros... (Instrumento 4º, tema 2, proposta 3ª). Responsables: Arcipreste e Consello pastoral arciprestal.
Accións a nivel parroquial
·
Aproveitar
as ocasións que nos ofrecen as celebracións litúrxicas, vodas, bautizos ou enterros,
para achegarnos aos afastados e realizar o primeiro anuncio. (Instrumento 4º,
tema 1, proposta 3ª).
·
Crear un
equipo de acollida como testemuña da proximidade evanxelizadora da Igrexa.
(Instrumento 3º, tema 3, proposta 4ª).
·
Fomentar a
utilización de novas tecnoloxías como ferramentas de evanxelización, formación
e información. (Instrumento 4º, tema 1, proposta 6ª). Responsable: Párroco e Consello pastoral parroquial.
Obxectivo específico segundo: CELEBRACIÓN
Revitalizar as celebracións litúrxicas de modo que nos
axuden a ser testemuñas da ledicia pascual. (Instrumento 3º, tema 1, proposta
1ª).
Accións a nivel diocesano
·
Elaborar
e difundir material sobre o significado dos xestos e palabras da celebración de
cada sacramento. (Instrumento 3º, tema 1, proposta 3ª).
·
Deseñar
unha campaña para animar á participación presencial nas celebracións,
especialmente a Eucaristía dominical, así como nos demais encontros promovidos
no ámbito da Igrexa. (Instrumento 3º, tema 2, proposta 8ª). Responsables: Delegacións de Liturxia e
Catequese.
·
Formar
leigos que poidan reunir á comunidade e celebrar a fe ofrecéndolles recursos e
medios para a súa formación e ministerio. (Instrumento 3º, tema 2, proposta
6ª).Responsables: Vigairía de Pastoral e
Delegacións de Asuntos Académicos e Apostolado Segrar.
Accións a nivel arciprestal
·
Animar
aos sacerdotes e ao equipo litúrxico arciprestal a coñecer e difundir os
materiais sobre o significado dos xestos e palabras da celebración de cada
sacramento. (Instrumento 3º, tema 1, proposta 3ª).
·
Facer
presente a campaña da Eucaristía dominical e elaborar un calendario cos
horarios e lugares das eucaristías de referencia. (Instrumento 3º, tema 3,
proposta 8ª).
·
Crear
equipos de liturxia, que preparen, animen e coordinen o desenvolvemento das
celebracións, aplicando as normas litúrxicas, alentando á comunidade a ser
parte activa das mesmas. (Instrumento 3º, tema 1, proposta 2ª).
·
Buscar
leigos para recibir a formación proposta a nivel diocesano. (Instrumento 3º,
tema 2, proposta 6ª).Responsables:
Arcipreste e equipo arciprestal.
Accións a nivel parroquial
·
Utilizar o material sobre o significado dos xestos e
palabras da celebración de cada sacramento. (Instrumento 3º, tema 1, proposta
3ª).
·
Insistir na participación presencial na Eucaristía
dominical.
·
Aproveitar as celebracións da piedade popular para
revitalizar a vida litúrxica do noso pobo. (Instrumento 3º, tema 3, proposta
11ª). Responsables: Párrocos e equipo de
liturxia parroquial.
Obxectivo específico terceiro: ACCIÓN CARITATIVO-SOCIAL E
COMUÑÓN
Vivir a comuñón eclesial como
camiño de transformación da realidade, formándonos como discípulos para a
acción.
Accións a nivel diocesano
·
Deseñar e
publicar un proxecto de cara á creación dos centros de referencia desde onde se
coordine e se faga visible o traballo pastoral da Igrexa (estrutura, medios
humanos e materiais e áreas fundamentais de traballo). (Instrumento 2º, tema 1,
proposta 6ª). Responsables: CPD e
Consello de Presbiterio.
·
Buscar
canles para alentar a participación dos leigos nas diversas organizacións
sociais, políticas e económicas de cara á procura do ben común de todas as
persoas. (Instrumento 2º, tema 3, proposta 5ª).Responsables: Vigairía de Pastoral e Delegación de Apostolado Segrar.
·
Organizar
unha xornada de reflexión, formación e revisión en torno a como facer a
acollida desde Cáritas.Responsable:
Cáritas diocesana.
Accións a nivel arciprestal
·
Constituír
os consellos de pastoral arciprestal e que traballen o documento dos centros de
referencia do obxectivo a nivel diocesano. (Instrumento 1º, tema 1, proposta
4ª).Responsables: Arcipreste e Consello
pastoral arciprestal.
·
Seguir
traballando na comunicación e coordinación entre as distintas Cáritas buscando
a complementariedade, axuda e apoio mutuo. (Instrumento 2º, tema 2, proposta
7ª).
·
Potenciar
reunións dos membros de Cáritas do mesmo arciprestado para a formación sobre a
DSI. (Instrumento 2º, tema 1, proposta 7ª). Responsables:
Director/a das Cáritas parroquiais e arcipreste.
Accións a nivel parroquial
·
Implantar e potenciar os ministerios e servizos
laicais nos diferentes ámbitos da vida da Igrexa cunha preparación axeitada.
(Instrumento 2º, tema 3, proposta 3ª).
·
Promover a pastoral da saúde coa colaboración de
todos os membros da comunidade parroquial. (Instrumento 2º, tema 2, proposta
4ª).
·
Integrar na programación pastoral das parroquias e
coidar na catequese a formación para a caridade como expresión do amor de Deus
e esixencia da nosa fe. (Instrumento 2º, tema 2, proposta 6ª).Responsables: Párroco e Consello pastoral
parroquial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.