viernes, 19 de abril de 2019

Procesión del Santo Entierro


Por las calles de Ourense

A procesión do Santo enterro dará comezo ás 21.00 horas, saíndo da Catedral pola rúa Lepanto, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, rúa do paseo, Lamas Carvajal, plaza Maior, onde se enontrarán tódolos pasos da procesión, celebrando un pequeño acto de sentida contemplación, silencio reflexivo , seguidos do canto da Salve a Virxe Dolorosa. 

Galería de Fotos:
































Viernes Santo




Venres Santo na Paixón do Señor

Neste día, no que "foi sacrificada a nosa Vítima Pascual, Cristo (1 Cor 5, 7), o que por longo tempo se nos prometera en misteriosa prefiguración, cumpriuse con plena eficacia. O verdadeiro Cordeiro substitúe á ovella que o anunciaba, e, así, co único sacrificio acábase a multiplicidade das vítimas antigas” (San León Magno). 


Cristo morreu fóra dos muros da cidade cando foron sacrificados no templo os años para a pascua xudía. É o Cordeiro expiatorio que carga co peso dos nosos pecados. A igrexa brota do seu costado aberto pola lanza do soldado, para a salvación de todo o mundo, por quen se pide de xeito especial na oración dos fieis. O signo propio de este día é a imaxe do Crucificado, que a liturxia venera de un dun xeito especial. 


Nos oficios litúrxicos do Venres Santo destacan a lectura da paixón e morte de Cristo na Cruz, a pregaria universal por tódalas necesidades do mundo e  a veneración da Santa Cruz,  Hoxe non se celebra a Eucaristía e día de xaxún e abstinencia. Na Catedral celébranse os oficios do Venres Santo son ás 17.00 horas. No Sábado Santo a Igrexa permanece ao lado do sepulcro do Señor, meditando a súa paixón e morte, a súa baixada aos infernos, e abstense  absolutamente da celebración do sacrificio da misa, deixando espidos os altares ata que, despois da solemne vixilia da Resurrección, se inauguren os gozos da Pascua, que se estenderán por cincuetna días.




A procesión do Santo enterro dará comezo ás 21.00 horas, saíndo da Catedral pola rúa Lepanto, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, rúa do paseo, Lamas Carvajal, plaza Maior, onde se enontrarán tódolos pasos da procesión, celebrando un pequeno acto de sentida contemplación, silencio reflexivo , seguidos do canto da Salve a Nai Dolorosa. 

Galería de fotos:


















jueves, 18 de abril de 2019

Jueves Santo




Xoves Santo na Cea do Señor


 Coa misa que se celebra nas horas vespertinas do xoves da Semana Santa, a Igrexa comeza o triduo pascual, e recorda a cea na que o Señor Xesús, na noite en que foi traizoado, tendo amado ata o extremo aos seus que estaban no mundo, ofreceu a Deus Pai o seu corpo e sangue baixo as especies de pan e de viño e déullelas aos apóstolos para que as sumiran, mandándolles que eles e os seus sucesores no sacerdocio tamén as ofreceran.


Toda a atención do espírito debe centrarse nos misterios que son lembrados na misa, é dicir, a institución da Eucaristía, “tomade e comede todos del...; tomade e bebede todos del...”, a institución da Orde sacerdotal, “Facede isto en memoria de min” e o mandamento do amor, “amádevos uns aos outros como eu vos teño amado”;  estes tres puntos débenselle recordar aos fieis nas monicións da celebración para que tan grandes misterios penetren máis profundamente na súa piedade e para que os vivan mais intensamente nos seus hábitos e na súa vida.

Coa celebración da misa na cena do Señor comezamos o sagrado triduo pascual da paixón, morte e resurrección. Coa misa da última cea  a Igrexa quere facernos ver a unidade indisoluble da Eucaristía coa cruz, xa que a eucaristía é o sacramento do sacrificio redentor. Por iso a morte de Xesús no Calvario é fáisenos próxima e eficaz na celebración desta Eucaristía. Hoxe salientan o amor ea actitude de servicio de Cristo ao entregarse voluntariamente a súa paixón por nós, que se significa perfectamente no lavatorio dos pés. O acto máis importante da liturxia de hoxe é participar na Misa e acercarnos a comulgar.

A procesión ao monumento e a adoración ata a media noite prolongarán na oración contemplación o que se celebrou na santa misa. Na Catedral os oficios da Misa da Cena do Señor son ás 17.00 horas na Catedral.

Neste día é tradición é visitar os monumentos das distintas parroquias coa finalidade de participar nas distintas espiritualidades que afloran en cada un deles e descubrir a beleza artística das nosas xentes a hora de confeccionar cada ano un monumento distinto.

Galería de fotos: