MIÉRCORES SANTO
DÍA 1 DE ABRIL D0 2026
MISA CRISMAL
Ao longo da semana, a liturxia convida a acompañar a Cristo.
Percórrense os seus últimos días antes da crucifixión. O Mércores
Santo pola mañá celébrase a Misa Crismal, na que se nos lembra
que a Igrexa é un “pobo de reis, unha asemblea santa, pobo
sacerdotal, pobo de Deus…”. Nela o bispo consagra os santos
óleos. Estes óleos empregaránse na administración dos
sacramentos durante todo o ano. Tamén os sacerdotes renovan as
súas promesas sacerdotais. É un signo de unidade entre o bispo e
o seu presbiterio e realza a vida sacramental da Igrexa.