Ourense Mariano
A Clamadoira 2022
Ourense mariano honra a Virxe María na xeografía debuxada polos principais
santuarios marianos nos nosos montes e nos nosos vales (val do Miño, val do
Sil, val do Arnoia, val do Támega, val do Limia, val do Salas, o val do
Arenteiro e o val do Avia...). As advocacións marianas, que inflaman de amor e
devoción os nosos corazóns, fanse presentes nestes días do setembro. Milagres,
Portal, Remedios, Peneda, Xurés, Clamadoira, Aparecida, Cristal, ... están de
festa neste mes de setembro.
Claro que a Virxe da Clamadoira celebra a súa festa no segundo domingo de
setembro. Polo que levamos visto ata agora nas outras advocacións marianas, o
cheo vai a ser histórico. A xente ten ganas de saír, ten ganas de verse, ten
ganas de saudarse e de contar as súas vivencias persoais e familiares, ten
moitas ganas de festa e de troula.
Temos un motivo especial para subir ao monte da Clamadoira: darlle gracias
ao Señor perante a Virxe María por ter feito o milagre de librarnos da covid 19
coa unión investigadora dos científicos, ca entrega do persoal do mundo
sanitario, coa colaboración dos medios de comunicación audiovisuais e do
transporte, coa resposta dos agricultores e gandeiros; todos a unha na loita
contra a covid 19.
Pero sempre hai peros na vida; nada máis saír de unha xa estamos metidos
noutra e non de menor calado: guerra de Ucraína. Eu non sei si os nosos
gobernantes pensaron, si é que pensan, nas consecuencias do conflito. Rusia ten
os ases na manga e, en tempos de guerra, vainos usar. Toda Europa sometida a estratexia
do chantaxe do estratega ruso. Consecuentemente, prezos altísimos nos alimentos
por aquelo da inflación, prezos altísimos na enerxía (gas, petróleos,
electricidade ). No alto da Clamadoira
pedímoslle a nosa Señora que “veña a paz a nosa terra” . Mentres teñamos
capacidade de diálogo, sobran as armas.
Os lumes volveron a nosa terra galega. Ven a miña memoria o verro de aquel
político galego: “hai que queimar todo”. ¿Cal será o motivo de tanta queima no
momento presente? O lume está ben nos lares, pero é un pecado gravísimo queimar
montes, vales, leiras e casas. ¡Que a Virxe María nos dea un san xuízo” .
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.