Día da Acción Católica e do Apostolado Segrar
Coincidindo ca
Solemnidade de Pentecostes a Igrexa celebra a Día da Acción Católica e do
Apostolado Segrar. Neste ano o lema da xornada é: “sigamos construíndo xuntos;
o Espírito Santo necesítanos”. Neste día destacamos o papel fundamental que ten o laicado na boa marcha da Igrexa e
na súa misión evanxelizadora, sempre en comuñón cos seus pastores e con toda a
Vida Consagrada.
Na diocese de Ourense os membros dos distintos
movementos apostólicos ven de compartir, nunha mesa redonda, a súa identidade
dentro da Igrexa, a súa presenza na diocese de Ourense e a súa vocación
comprometida co mundo en que vivimos. Participaron neste encontro a Acción
Católica Xeral, os Equipos da Nosa Señora, o Movemento dos Corsiños de
Cristiandade, os membros dos Talleres de Oración e Vida, a Renovación
Carismática e a Lexión de María.
Temos que destacar que os grupos, os movementos e as asociacións son canles fundamentais para o desenrolo da misión da Igrexa no mundo. Os bispos españois recordábano no documento sobre o apostolado segrar: “as comunidades cristiás ten a obriga de espertar no conxunto do laicado a conciencia de que o apostolado asociado é expresión e esixencia da comuñón e da misión da Igrexa (CLIM. 163) e fai uns meses que clausurabamos o Sínodo Diocesano. Unha das urxencias que subliñaban tódolos que participaron neste acontecemento eclesial era a necesidade de camiñar xuntos, vivindo cada quen a corresponsabilidade eclesial para poder levar adiante o mandato do Señor de anunciar o Evanxeo a tódalas xentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.