DOMUND 2021
O día 24 de outubro celebramos o día do DOMUND. Con
frecuencia damos por suposto que todo o mundo entende os nosos enunciados e non
nos paramos a explicalos polo miúdo. Hoxe vouno facer empezando polo principio:
o DOMUND ou o domingo mundial das Misións é o día no que toda a Igrexa
universal reza pola actividade evanxelizadora dos misioneiros e misioneiras e
colabora economicamente con eles no seu labor, especialmente entre os máis
pobres e necesitados. Por iso este é o por
que do DOMUND: o 37% da Igrexa católica constitúeno os territorios de misión, un total de 1.100
circunscricións eclesiásticas que dependen da axuda persoal de misioneiros e
misioneiras e da colaboración económica de outras Igrexas para poder realizar o
súa tarefa evanxelizadora.
O DOMUND sirve para subvencionar e soster aos
misioneiros e aos seus colaboradores cos donativos recollidos nestes días.
Tamén se atenden outras necesidades especiais: construción de templos e
capelas, formación cristiá, compra de vehículos..., ademais de desenrolar
proxectos sociais, educativos e sanitarios.
Outra cousa que nos preocupa moito é a maneira de como se distribúe o diñeiro que se xunta no DOMUND. A Asemblea Plenaria dos Directores Nacionais das Obras Misionais Pontificias, que se celebra cada ano en Roma, distribúe equitativamente entre as solicitudes presentadas polos misioneiros a totalidade das aportacións chegadas de todo o mundo. Por iso se pide colaboración no DOMUND sen facer referencia a proxectos concretos.
Nestes días os fieis colaboran co seu donativo, ou
ben facéndose socio con unha cota fixa ou testando en favor do DOMUND segundo
cada quen. Podemos dicir que o diñeiro chega todo aos misioneiros. O donativo
que cada fiel entrega para as misións recóllese na Dirección Nacional de OMP e
remítese aos territorios de misión, salvo un mínimo porcentaxe para os gastos
de administración.
Outra pregunta que nos facemos é si os misioneiros,
ante catástrofes naturais ou bélicas, canalizan a axuda de organizacións
sociais e dedícanas a atender aos damnificados. O DOMUND colabora cos
misioneiros para que poidan permanecer na misión tras esas situacións de
especial emerxencia humanitaria, axudando co pouco ou moito que teñen..
Normalmente a actividade de cooperación espiritual
e material coas misións é permanente ao longo de todo o ano; pero alcanza
especial significación durante o chamado “Outubro Misioneiro”. Non esquezamos
que o DOMUND celébrase sempre no penúltimo domingo do mes de outubro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.