Solemnidade da
Epifanía do Señor
Día 6 de xaneiro de
2010
Comenario en galego de un monxe de Samos no ano 1932
<<Epifanía— chamada pol-os gregos Teofanía— é unha festa destiñada a
celebrar a aparición ou manifestación do Señor aos homes. Como se pode ollar
ista eispresión convenlle do mesmo xeito á Navidade, pois n-ista festa
conmemórase a primeíra aparición do Salvador sobor da terra. Ista é a razón por
que n-un principio se celebraban n-un mesmo día istas duas festividás de Navidade
i-Epifanía.
Constituen o misterio da Epifanía, asegún canta a antífona do Magníficat de
segundas Vísperas, tres manifestacións de Xesús, primeiro aos Magos, dempois
no Jordán e nas bodas de Caná; tres feítos que se cree tiveron realización n-un
mesmo ano. Mais, como se deduce de toda a liturxia da festa, o que abrangue
todo o pensamento da Eirexa n-iste día é o misterio da adoración dos Reís
Magos, as primicias da xentilidade que viñeron a adourar ao Salvador do mundo.
Estos tres sabios, ao ver aparescer no Oriente unha estrela de eistraordinario
claror e fermosura, alumeados por unha luz interior, viron n-ela o anuncio da
chegada do Mesías esperado, e "se dixeron os uns aos outros: Esta é a señal
do grande Rey; vaiamos pois, busquémol-o e ofrezámoslle ouro, incenso e
mirra" (Ant. ad Magn. 1 Vesp.). E n-aquel intre se puxeron ao camiño. E
dempois de un longo e penoso viaxe, ca estrela que lles tiña aparecido por
guieiro, chegaron por remate a Belén ende, asegún a profecía de Miqueas, tiña
de nascer o Mesías: "i-entrando na corte atoparon ao Neno con María sua
nai, e postrándose o adouraron; e abertos os seus tesouros lle ofreceron dons,
ouro, incenso e mirra" (Math. 2, 1l).
Os Santos PP. e toda a Tradición lembrada pol-a Liturxia, olla-ron n'ista
triple ofrenda un homeaxe ao Diviño Neno coma Deus, como Rei e como home.
"Que o reconocen por Deus, di San Bernardo, o indica a adouración, o
manifesta a ofrenda do incenso. Mais non somentes o reconocen por Deus senon
tamén por Rei, o cal se siñala no ouro. E antre istas cousas non se lles oculta
o grande misterio da piedade diviña, pól-o que na mirra que lle ofrecen
arrostran que ten de morrer." (Serm. II Epiph)>> D. Máximo Arias. O.S.B. Real Abadía de
Samos. 1932. A Epifanía do Señor, en Revista Logos, 1931 – 1936, tomo I., 178 –
179.
Galería de Fotos:
Galería de Fotos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.