Domund 2019
Mes Misioneiro Extraordinario
¿Por que neste ano o mes de outubro é un
mes misioneiro extraordinario? Porque estamos celebrando o centenario da
carta Maximum Illud (30 – XI - 1919)
do papa Benedito XV, que escribiu o primeiro documento misioneiro. Rematara daquela
a primeira guerra mundial e o mundo quedara traumatizado. ¿Que se lle pedía
naquela carta encíclica aos misioneiros? Pedíalle aos misioneiros que evitaran
os nacionalismos, que vivirán pobremente, que se prepararan ben para ir á
misión, estudando as linguas indíxenas, que vivirán a caridade e que confiaran plenamente
en Deus.
Neste mes de outubro celebramos o aniversario de esta encíclica con un lema
claro e directo: “bautizados e enviados”.
Trátase de que descubramos no noso bautismo a raíz de toda misión
evanxelizadora; que aceptemos ser canles polos que a fe, don de Deus, poida
chegar gratuitamente aos nosos irmáns. Trátase, en definitiva, de que saiamos
de nos mesmos e nos abramos aos demais; de que as nosas relación cos outros xeren
vida polo amor, polo diálogo, pola comprensión e misericordia, pola axuda
desinteresada, sendo en todo clara expresión do amor de Deus Pai.
A Igrexa de Cristo segue en misión no mundo e precisa de mulleres e homes
que, polo seu compromiso bautismal, respondan con xenerosidade a chamada de
saír da casa, da súa familia, da súa patria, da súa lingua e ir ao encontro dos
que nos esperan, porque precisan da nosa axuda en respecto e dignidade, en
sanidade e hixiene, en educación e cultura e tamén en catequese para poder valorar
a fe e coñecer mellor a Xesucristo.
Misioneiros ourensanos |
E, dentro da liberdade persoal de cada un, estes homes e mulleres serán
quen de anunciar a Palabra de Deus, de ser testemuñas do Evanxeo e de celebrar
a presenza do Espírito, que chama a conversión para alcanzar a salvación polo
bautismo.
E, para conseguir todo isto, precísanse as axudas económicas das
comunidades cristiás e tamén respaldo aos que marcharon a terras de misión;
pero, sobre todo, a oración, que é a alma de toda misión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.