viernes, 26 de octubre de 2018

Misa de Acción de gracias por la canonización de San Pablo VI


San Paulo VI



MISA DE ACCIÓN DE GRACIAS POLA CANONIZACIÓN Do PAPA PAULO VI



O domingo, 14 de outubro, na praza de San Pedro en Roma,  o papa Francisco canonizaba a Paulo VI (1897-1978), ao mártir salvadoreño monseñor Oscar Romero (1.917-1.980), a madrileña de nacemento e boliviana de corazón Nazaria Ignacia (1889-1943) e a catro novos santos máis.



O papa Francisco dixo na súa homilía que "seguindo o exemplo do apóstolo do que tomara o seu nome, Paulo VI "gastou a súa vida polo Evanxeo de Cristo, cruzando fronteiras e converténdose en profeta dunha Igrexa extrovertida que mira aos que están lonxe e coida dos pobres». Sendo arcebispo de Milán, co gallo da misión na arquidiocese , dixo: "aos que están lonxe, aos que non son católicos, aos que se confesan anticlericais, a aqueles que están lonxe, porque dubidan da validez do noso credo; ... a aqueles que están lonxe pola desconfianza na Igrexa e nos curas; ... vinde todos; os brazos de Cristo permanecen abertos para vós; o meu único sentimento e propósito será  para vós o do amor paterno". "Por que se afasta este irmán?, preguntábase:  porque non é querido de abondo... Irmáns que estades lonxe, perdoádenos".



O papa da Evangelii Nuntiandi, xa pedía na misión de Milán un novo estilo de pastoral: "a primeira necesidade e o primeiro deber é a presentación da nosa relixión ao mundo moderno de forma máis xenuína e eficaz"; "a gran urxencia pastoral consiste en formar verdadeiros católicos, fieis e valentes ... especialmente a través da Acción Católica".  Necesitamos mirar cara o futuro: "de que vale unha tradición que non mira para adiante e que se basea só en recordos? Esa tradición extínguese, morre. A tradición cristiá debe mirar cara diante. Unha tradición que desafía o futuro e crece en dificultades é unha tradición viva, en camiño e, por iso, sinodal ... ". E convén recordar que “o home contemporáneo escoita máis a gusto aos que dan testemuño que aos que ensinan, e si escoitan aos que ensinan, é porque dan testemuño".



O Papa Francisco concluíu na súa homilía de canonización dicindo: "Hoxe, San Paulo VI,  tamén nos invita, xunto co Concilio Vaticano II, do que foi sabio temoneiro,  a vocación universal á santidade". 

Hoxe, día 26 de outubro, venres, ás 20.00 horas, teremos na Catedral unha misa de acción de gracias a Deus, noso Pai, pola canonización do papa San Paulo VI. Presidirá o Sr. Bispo de Ourense.

Galería de Fotos:



























No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.