Roque Santo e
Peregrino
O día 16 festexamos a Roque Santo e Peregrino. Naceu en Montpellier no século XIV, daquelas
pertencente ao reino de Mallorca. Peregrino dende o sur de Francia á Roma e,
por iso, máis que peregrino, foi romeiro.
Santo dos altares con unha mensaxe clara para tódolos crentes cristiáns: amar
aos pobres e mailos enfermos. Por iso, as capelas e os hospitais deste tempos
teno polo seu patrón e santo intercesor. Os afectados pola peste negra e polos
males da Europa de aquel tempo acudían ao santo: “líbranos de pestes e males,
Roque santo e peregrino”.
A iconografía de San Roque e de todos coñecida: o cadelo que lambe as súas
chagas, o seu bastón para o camiño, un anxo da garda que o acompaña e que
acompaña aos pobres e aos enfermos, un sombreiro a catro augas para resgardarse
da chuvia e mais do sol, un manto ata os xeonllos con escraviña sobre os
ombros. É dicir, un auténtico peregrino con vieira incluída..
San Roque está presente na nosa diocese, de un xeito especial en Lobios, en
Bande, en Celanova, en Xinzo, en Ourense, case que sempre con capelas e
hospitais que viñan a ser como áreas de servizo das autovías daquel tempo. De
todas as vilas, Celanova é a que máis festexa a San Roque. Levo varios anos
participando nestas festas. Non quero ser subxectivo na miña apreciación; pero
teño que dicirlles que é moi difícil encontrar unha procesión e unha igrexa
abacial tan abarrotada de xente como nestas festas na vila de San Rosendo.
|
San Roque de Celanova |
|
San Roque de Celanova |
Tamén se celebra a san Roque na Catedral de Ourense, con solemnidade e
devoción. Neste ano animada no canto pola coral Aqua Musica de Ourense. Pouco a
pouco vaise repondo unha festa vencellada dende sempre ao concello polo pacto
feito con San Roque para verse libre de “pestes e males” e con unha procesión hoxe
moi reducida, pero que temos que reavivar e fornecer. En Ourense recordamos a Alameda
do Concello, onde houbo un hospital e unha capela baixo o patrocinio de San
Roque.
GALERÍA DE FOTOS:
|
Añadir leyenda |
|
Coral Aqua Musica |
|
Coral Aqua Musica |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.