A Porta da Misericordia
Hoxe, día 13 de decembro, 3º domingo
de advento, ás 17.00 horas, terá lugar na S. I. Catedral a apertura do ano
xubilar da Misericordia ca apertura simbólica da porta santa. 
  | 
| Sale la procesión de Santa Eufemia | 
  | 
| El Sr. Obispo acompañado de diáconos y acólitos | 
 
O papa Francisco,
que xa abriu ano xubilar en Roma o pasado día 8, quere que en todas as
Catedrais do mundo se celebre con solemnidade a apertura do ano xubilar ca súa
porta santa correspondente. 
  | 
| Procesión de sacerdotes y fieles | 
En Ourense, ás 16.30, concentrarémonos na igrexa de
Santa Eufemia para ter alí os primeiros ritos da apertura; logo en solemne
procesión camiñaremos ata a Catedral pola praza de Santa Eufemia e rúa Juan de
Austria.
  | 
| Procesión de sacerdotes y fieles | 
 Alí, subiremos polas escaleiras do patiño da Juan de Austria, miradoiro
espléndido da cidade vella, teremos o rito de apertura da porta. 
  | 
| Autoridades locales | 
O Sr. Bispo,
D. Leonardo Lemos Montanet, abrirá a porta da Misericordia, convidándonos a
entrar por ela para experimentar o amor misericordioso de Deus noso Pai e para
vivilo e testemuñalo en favor dos nosos irmáns. 
  | 
| Se abre la puerta santa | 
Xa dentro da Catedral seguirá a
celebración da Eucaristía ca presenza da coral Solpor de Celanova ás ordes do
seu director e coordinados polo mestre capela da Catedral.
  | 
| Coral Solpor de Celanova | 
 
Trátase de un ano santo
extraordinario e único na historia da Igrexa por ser temático, ano xubilar da
Misericodia, e porque, na súa apertura, entran pola porta santa dous papa:
Francisco e Benedicto XVI.
  | 
| Procesión dentro de la Catedral | 
O motivo da celebración de este ano xubilar
explícanolo o papa Francisco na bula de convocatoria, “Misericordiae vultus”. “Sempre temos necesidade de contemplar o
misterio da misericordia... (Pero) hai momentos nos que dun modo moito máis
intenso estamos chamados a ter a mirada fixa na misericordia de Deus Pai para tamén
poder ser nós  misericordiosos”.
  | 
| Sacerdotes concelebrantes | 
  | 
| Sacerdotes concelebrantes | 
  | 
| Sacerdotes concelebrantes | 
  | 
| Momento de la comunión  | 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.